Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

“Tanto Nos Ten” achégase a Dena coa sua “música furtiva”

Actuación de “Tanto Nos Ten” no 35 aniversario de Penaguda. Uns cens veciños acudiron a cita | //FDV

A retranca e a música tradicional furtiva de “Tanto Nos Ten” (TNT) meteu no peto ao público esta fin de semana en Dena. Fíxoo nun concerto organizado pola asociación cultural Penaguda, que festexaba o 35 aniversario da fundación do seu grupo de gaitas, referente da música tradicional na comarca, que fixo pervivir así o espíritu da gaita meañesa. Limitado polo momento COVID, un centenar de persoas disfrutou do concerto, entregándose ás súas muiñeiras, foliadas, rumbas, mazurkas e pasodobres, e só botando en falla non levantarse da cadeira para afastala e entregarse ao baile.

A música furtiva é recuperar a que os vellos facían e cantando coplas

Josinho da Teixeira - integrante de TNT

decoration

Este sexteto redondelano emerxe coma unha das formacións revelación en representación da chamada “música furtiva”. Josinho da Teixeira, percusionista e voz masculina, define o estilo: “A música furtiva é recuperar a que os vellos facían e cantando coplas reivindicando dereitos cando entonces non estaba permitido, e nós fumos o primeiro grupo en voltar a esas orixes”. Así, TNT, atrevidos en espíritu e xeito, reivindica e defende coas súas letras, a lingua, o amor irreverente, os colectivos marxinados, o monte galego libre, e crítica áceda da manipulación desde os cumios da política: “A quen loita por dereitos/da xustiza é maltratado/a quen rouba con corbata/tan só vai ser imputado” reza na súa rumba “Derrumba”.

“Tanto Nos Ten” enche de “música furtiva” o seu concerto en Dena

O nome da formación que ten a súa historia: “A primeira vez que subimos a un escenario en 2007 -lembra Joshinho da Teixeira-, nas festas do pobo, alí preto, para actuar, cando nos preguntaba o locutor cal era o noso nome para poder presentarnos ao público, nós, que non pensaramos nada, dixémoslle: ‘A nós, tanto nos ten’. Daquela quedou ao dito, e collémolo como nome do grupo”.

Tercer disco del grupo

En Dena interpretaron os temas do seu terceiro disco “Cortando fíos” que ven de editarse este ano. Josinho da Teixeira explica o título: “Os nosos discos -afirma- son autoeditados, non contan con subvenciós da Deputación, da Xunta ou do Concello, nen as procuramos porque o que queremos é ser libres, cantar sen complexos, evitando ser monicreques de ninguén, de aí a expresión ‘cortando fíos’ con aquelas mans que queiran manexarnos desde arriba”.

Uns discos que, recoñece, están financiados coas actuacións do grupo nas festas e cos CDs que venden.

Compartir el artículo

stats