Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

As embarcacións tradicionais voltan a surcar a ría de Arousa

A concentración foi unha primeira toma de contacto cara o arranque previsto da tempada. | // NOÉ PARGA

Coincidindo no día da festividade das Letras Galegas, A Illa convertiuse onte no punto de retorno á navegación das embarcacións tradicionais. Máis dun ano despois da súa última travesía, á convocatoria da Asociación Cultural Dorna acudiron un total de sete barcos que se concentraron no peirao do Xufre.

Con todos os protocolos COVID moi presentes, os barcos se achegaron de lugares como Portonovo, O Grove e A Illa, ademáis de “O Xoulón” que é de Ribadeo. Todo elo para completar unha singladura que chegou ata A Pobra e tamén tivo paradas en Area da Secada para rematar novamente no punto de partida logo de preto de seis horas de navegación.

Hai programado un calendario con moitas regatas, pero haberá que agardar a evolución das medidas

Salvador Allo - Asociación Cultural Dorna de A Illa

decoration

Entre a flota estivo tamén o galeón “O Rei do mar”, a lancha xeiteira “Nova Mariña” ou a dorna “Noelia”, no que se pode considerar unha primeira toma de contacto cunha normalidade que apunta a facerse real a partir do mes de xuño, data prevista para o comezo previsto para a tempada de dornas.

Os barcos desfrutaron dun bo tempo para navegar.

Salvador Allo, da Asociación Cultural Dorna, recoñeceu que “foi unha quedada un tanto informal e tivemos un día moi bo para navegar. Levabamos moito tempo sen xuntarnos e tivemos que adaptanos as restriccións. Nos barcos grandes soamente podían ir un máximo de seis persoas”.

No referente o que pode ser a tempada de embarcacións tradicionais, Salvador Allo amósase un tanto escéptico o apuntar que “hai programado un calendario con moitas regatas, pero haberá que agardar a evolución das medidas. Son regatas nas que hai moita concentración de xente nos portos e veremos como van evolucionando as cousas”.

Compartir el artículo

stats