Lito Portela mergúllanos no océano
O artista expón "Máis alá da paisaxe" na nova sala Apo'strophe.arte ata o día 23
n. álvarez [VIGO]
Di Manuel M. Romón de Lito Portela que pinta o que non se ve a través do que se ve. "E non porque haxa algo alén do horizonte da pintura; senón [...] porque todo está aí, á vista".
En "Máis alá da paisaxe", o artista do Morrazo invita a mergullarse dentro das pezas, braceando entre olas, mares, montes, illas e cons. A exposición, a primeira que acolle a nova sala Apo'strophe.arte do centro comercial Praza Elíptica, pode visitarse até o vindeiro día 23. Concibida ex profeso para este espazo, é unha continuación dunha mostra anterior en Santiago de Compostela para a que Romón fixo o texto introdutorio. "Cando me ofreceron este espazo en Vigo, lin e relín o que escribira e a partir de aí creei o que aquí podedes ver", explica Portela.
O orgánico e a natureza, unha constante na obra do artista, exprésanse aquí a través da acuarela e o papel. "Son obras que me pedían esa idea do líquido que reflicte esta técnica. O papel de acuarela, ademais, rexistra todo o que fas; todo o que pintas sobre el, máis tarde ou máis cedo, acaba saíndo para fóra. E interesábame moito todo ese rastro que vou deixando nos bordos da peza", relata.
Obras sen marco pero enmarcadas por esa pegada no papel que comparten espazo con tres pezas escultóricas feitas do mesmo material. Nuns casos e noutros, a idea de movemento está clara: "Hai unha idea cinematográfica, que busca esa sensación de movemento, de que te poidas mergullar na auga", apunta o artista.
Non hai nada estático nas súas obras, cuxos puntos de vista tamén son diferentes ás dunha paisaxe convencional, máis baixos, espertando no espectador a sensación de que esas olas absolutamente atlánticas van romper riba súa.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un terremoto con epicentro en Barro se siente en media Galicia
- Adiós al hijo de Carmen Borrego en 'GH DÚO' tras solo unos días en la casa: «Demandando»
- «Opero unos mil tumores de pulmón al año»
- Adiós a pasar la ITV a las motos en 2025: el Gobierno aprueba la medida
- Vigo y A Coruña, incomunicadas por carretera después del atardecer
- Una familia de Taboada denuncia la desaparición de su hijo de 18 años, que se despidió en las redes
- El Chuvi extrae un tumor del corazón sin abrir el pecho por primera vez en España
- Abre en Galicia un aparcamiento para camiones pionero en España