CONCIERTOS

Bueu

O Sonoro Maxín. O proxecto de O Sonoro Maxín naceu no 2007, a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte de proxectos diferentes como Lamatumbá, Cinnamon, Gum, Mutenrohi e The Pigmalions... En abril de 2017 presentaron novas cancións. - aturuxo - 20.30 - 6 E

Moaña

Os Viqueiras. Concerto presentación, en sesión vermú, do libro disco dos Viqueiras "Vilaverde", onde homenaxean ao seu fundador e a todos os vellos músicos tradicionais da comarca de Ordes, con 16 pezas recollidas nesta zona e arranxadas co seu toque personal. Moitas pezas son cantadas e moi bailables. - var con uve - 12.30 - entrada libre

ESPECTÁCULOS

Porriño

"Proxecta Adrián González: As Neves: Zona Cero". #AsNevesZona0 é unha reportaxe de Adrián González sobre o que ocorreu neste concello pontevedrés o 15 de outubro de 2017, cando un incendio arrasou coa vila. O 60% do concello quedou calcinado ese día, pero a situación agravouse máis cando o ano anterior o incendio de Arbo afectara á toda a parte este das Neves. Adrián González respostará as preguntas sobre o documental. - sala ingrávida - 19.00 - 4.5 E