Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Desbaratando mitos

Todo serve como aprendizaxe

Desbaratando mitos

Tomando como referencia contos clásicos de sabor popular, El Hematocrítico escribe para primeiros lectores unha historia que Edicións Xerais de Galicia publica na colección "Sopa de Libros."

Trátase dun relato divertido no que o autor desbarata mitos e artella en torno á figura do lobo feroz un conto que sorprende polo desenfado, o ton humorístico co que trata os personaxes e o a forma de plasmar as actitudes que cada un manifesta. Así dende o comezo percíbese un mantemento da postura do protagonista, mentres que hai unha evolución practicamente xeral no resto dos personaxes que pasan dun extremo a outro en virtude dunhas habilidades para a cociña que tío Lobo percibe como un auténtico negocio que os fará prosperar.

Case dun día para outro e despois de ter feito varias probas Tío Lobo concédelle ao seu sobriño a posibilidade de facer a súa vida como el queira, aínda que non sexa merecente do apelido Feroz que con tanto orgullo levan na súa familia.

Ás veces, nadar contra corrente si é positivo. Si é posible o que, a priori, parecía imposible, si se poden acadar os soños, si hai que intentalo porque, como demostra lobiño, un cambio na concepción tradicional do que debe ser pode chegar a facerse realidade. Só a crise que produce o enfrontamento é capaz de provocar o cambio.

O texto convértese neste sentido nunha invitación a perseverar nos ideais que cada un ten, aínda que iso supoña algún ca outro disgusto ou algún ca outro lapote. Todo serve como aprendizaxe e de todas as situacións pódense tirar conclusións que han servir para o desenvolvemento vital.

Substancioso para os lectores é tamén a inclusión de esceas de contos clásicos que en forma de chiscadela de ollo traspasa a tradición e instálase no imaxinario colectivo actualizando e recreando pasaxes significativas para os rapaces e que en Feliz Feroz cobran unha relevancia especial, porque tanto personaxes como circunstancias preséntanse de forma completamente diferente á que estamos acostumados a ver e escoitar. Por iso, a extrañeza convértese neste volume nun factor interesante para a historia que disloca e trastoca a imaxe que temos dos contos. A saborosa merenda con Carapuchiña ou coa avoa Fernanda e voar os papaventos dos tres porquiños son só algunhas das pasaxes coas que gozarán os lectores ao poñer en funcionamento lembranza e novidade.

EL HEMATOCRÍTICO, Feliz Feroz. O lobiño riquiño (Ilstr. Alberto Vázquez), Ed. Xerais, Vigo, 2016, PVP. 10 ?

Compartir el artículo

stats