Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Coidado e dosificación

Amizades na distancia

Coidado e dosificación

Mentira é o título que Care Santos (Barcelona 1970) elixe para a súa novela merecente do último Premio Edebé de Literatura Xuvenil e que vén de ser publicado na nosa lingua por Edebé- Rodeira.

A mentira, sexa piadosa ou non, é unha forma de engano que se ha de rexeitar calquera que sexa a face que presente e calquera que sexan os motivos que a propicien, porque nada xustifica que se exprese algo distinto do que se sabe, se cre ou se pensa. Peor aínda se se crea unha ilusión no outro co fin de establecer un entramado de relacións que queren ser cordiais. A mentira non é o camino, non é un bo camiño.

E o texto que comeza cunha mentira encuberta, remata coa verdade dun caso que enmascaraba unha dobre mentira, porque dúas son as frontes que Eric -ou Marcelo- ten abertas. Unha individual coa protagonista Xenia e outra coa sociedade no centro no que se atopa.

Ao comezo a afección pola lectura pon en relación a dous mozos que se coñecen nun foro da páxina web da biblioteca á que acoden para, en calidade de empréstito, coller libros. Logo o contacto faise persoal e así entablan unha certa amizade ata que se descobre o engano.

A narración muda de traxectoria cando Marcelo, convertido en Eric, decide contar a súa vida e explicar os motivos que o levan a tomar tal decisión. A forma epistolar dálle ao rapaz a oportunidade de explicar polo miúdo que foi acontecendo, sen interrupcións e imaxinando que ao outro lado haberá alguén que o escoite.

Neste momento e mediante continuas analepses, mesturadas cunha sucesión lineal de acontecementos no tempo, sabemos de Eric e dos seus movementos ata o esclarecemento dun caso que se torna xusto cando se fai público.

O coidado na narración e a dosificación da información son os dous aspectos que a escritora manexa para guiar o lector pola ficción dunha historia que semella tan real como a vida mesma. Neste caso a realidade e actualidade alíanse para atrapar a atención do lector mozo que pode percibir o texto como familiar pola cotidianeidade dos acontecementos e, ao mesmo tempo, sentirse fascinado pola amizade na distancia e pola sinceridade coa que o protagonista relata partes da súa vida.

A ficción literaria ponse ao servizo da pedagoxía para dende aquí amosar que o que non vemos e nos contan pode ser mentira e que é posible ir máis alá do que din as palabras se un está atento ao que sucede ao seu redor.

SANTOS, Care, Mentira, Ed. Rodeira, A Coruña, 2015, PVP.20 ?

Compartir el artículo

stats