Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

OPINIÓN

OPINIÓN. Emilio Rolán Mosquera

OPINIÓN. Emilio Rolán Mosquera

Fai a penas unha semana foi inaugurado en Santiago o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela "Luis Iglesias" (MHN da USC). Un Museo que foi dirixido e especialmente coidado entre 1920 e 1966 polo catedrático de Bioloxía Luis Iglesias. Nado en Teis (Vigo), foi presidente do Seminario de Estudos Galegos, membro da RAG, reitor da USC e un grande investigador da entomoloxía. O Museo mostrase como un centro educativo e social con vocación investigadora e de divulgación científica. As ciencias naturais aparecen con rigor e comprensibilidade, apostando pola modernidade e sostenibilidade do medio ambiente.

Porén, o impacto neste Museo é, poder apreciar as achegas da Colección malacolóxica "Rolán" do profesor Dr. Emilio Rolán Mosquera, na sala correspondente a Biodiversidade mariña. Impresionan as especies descubertas por este médico - pediatra e investigador, nomeado "ad honoren" do Museo e recoñecido na "World Rexister of Marine Species" (WORMS) como o científico a nivel mundial que descubriu máis especies novas para a ciencia, a maioría de moluscos mariños, desde que comezou este s. XXI.

Sorprende a mostra fotográfica de máis de 136 novas especies descubertas por Rolán en Cabo Verde e en cadansúa das vitrinas aparecen as diferentes especies: Holotidae, Muricidae, Volutidae, Turbinidae, Olividae, Harpidae, Strombidae, Seraphsidae, Rostellariidae, Conidae, Terebridae, Spondylidae e Pectinidae.

O Dr. Rolán guardés de nacemento e vigués de adopción, iniciouse na malacoloxía de casualidade, recollendo cunchas para a decoración de cofres cando traballaba de médico na Pobra do Caramiñal. A través dunha revista médica, un coleccionista solicitaba cunchas do Atlántico, envioulle un lote e ao tempo foi correspondido con outro do Mediterráneo. Sen querer atopouse cunha pequena colección que progresivamente foi ampliando e investigando. Sabiamos da afección pola malacoloxía do Dr. Rolán desde fai moitísimo tempo en Vigo, que posteriormente derivou a un traballo de investigación e novos descubrimentos, sendo recoñecido como un dos máis prestixiosos e importantes investigadores no eido da malacoloxía, tal como podemos contemplar no Museo compostelán, onde se mostra a súa estupenda colección. E como soe suceder, máis dunha vez, tiñamos comentado: "¿ Mira que si a colección de Rolán un día desaparece ou como tantas veces ten acontecido, cae nas mans de non se sabe quen?" Afortunadamente, esta fermosísima e valiosísima "colección malacolóxica" esta a salvo nun Museo publico e que pode ser visitado por todas aquelas persoas que queiran achegarse a Compostela.

Rolán, ademais de médico - pediatra e investigador no campo da malacoloxía, tamén tivo unha gran afección as actividades subacuáticas como a caza submarina. A nivel literario ten publicado diversos artigos no Libro das Festas do Monte. A Guarda (2008 - 2010), sobre Os maiores; Sesenta anos atrás: os titiriteiros; As campás das igrexas...Na Editorial Chiado (2013) publicou o libro: "¿Por qué creer en Dios? Desde el punto de vista del sentido común". Agnóstico de pensamento, Rolán recolle neste ensaio unha serie de reflexións sobre a existencia de Deus: "especialmente para aqueles que dubidan, pero non teñen claro o paso a dar para liberarse desta atadura".

Nas Artes Plásticas, o noso gáleno fixo a súa incursión, no mundo da pintura como autodidacta. Realizou numerosos cadros ao óleo, debuxos e tallas antes de expoñelos publicamente en Vigo, Pontevedra e outras cidades.

Compartir el artículo

stats