Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cine Miudo para escolares

Semana de activiades para os máis pequenos

Imagen de la prueba en As Avenidas de Vigo.

Cine Miúdo chega un ano máis da man do Festival Primavera do Cine en Vigo para mostrar ós máis pequenos a estreita relación que hai entre o cine e a música e convertelos nos auténticos protagonistas da xornada.

Entre mañán e o venres, os cativos poderán ver diferentes pezas de cine musicalizadas ó vivo grazas ó trío Casperverk e ata poderán substituílos e ser eles mesmos os encargados de harmonizar os filmes durante uns intres. Esta nova edición realizarase no teatro Afundación (antigo García Barbón) que cederá o seu espazo para apoiar ó festival e para o desfrute dos máis pequenos da casa. Sen dúbida trátase dunha actividade infantil cunha gran traxectoria e aceptación entre os docentes, pola súa valor pedagóxica e que ademais chea de ledicia a tódolos nenos que participan dela.

A iniciativa promovida polo Primavera do Cine pola que xa pasaron máis de mil cativos ó longo de todas ás edicións, está destinada exclusivamente ós colexios. A través de diferentes xogos e actividades, o programa de Cine Miúdo dividirase nun total de catro bloques nos que se explorará a vinculación da música co cinema. A parte máis divertida chegará cando sexan os propios rapaces os que toquen diferentes instrumentos de percusión para facer, en directo, a banda sonora dun anaco de película.

Compartir el artículo

stats