Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ciencia en Tui

Semana de actividades científicas no CPR Santa María Maristas

Imaxe das actividades da Semana da Ciencia nos Maristas de Tui.

O CPR Sta. María Maristas de Tui celebrou a Semana da Ciencia e a Tecnoloxía. O centro acolleu numerosas exposicións que, por distintos recunchos, encheron o centro de Ciencia. Houbo exposicións moi variadas: "The five senses" de 1º E.P; maquetas dos Aparatos do Corpo de 2º E.P; O Sistema Solar de 3º; os alumnos de 4º fixeron uns "displays" sobre os Climas do Mundo; os de 5º "flipbooks" sobre O Planeta Terra no Universo e os de 6º "lapbooks" sobre os Seres Vivos.

Os escolares de Secundaria expuxeron no recibidor o seu proxecto "Viaxamos ao Espaz"o e as maquetas sobre As Capas da Terra; os de 2º deron charlas sobre a Reciclaxe aos máis pequenos, ademáis de ser os encargados do recuncho "Recicla", no que a través dun concurso animaron aos compañeriros a reciclar. Os alumnos e alumnas de 3ºESO fixeron as maquetas sobre as Células e os traballos de opinión feitos sobre Os Plásticos e os de 4º da ESO, mostraron os seus traballo de opinión sobre "As redes que enredan" e foron os que levaron a cabo os experimentos

En definitiva, foi unha semana chea de actividad e de actividades, nas que aprenderon moitas cousas. As distintas exposicións estiveron abertas as familias toda a semana.

Compartir el artículo

stats