Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Semana europea no Labor

Estudiantes polacos e alemáns viven unhas xornadas de convivencia no colexio vigués dentro do proxecto Erasmus +

Clases de surf dos alumnos participantes no proxecto Erasmus+.

Coincidindo coa celebración do "Día Mundial do Libro", do "Día das Letras Galegas" e a visita o Colexio Labor de estudantes e mestres procedentes de Koszalin (Polonia) e Altentreptow (Alemania) dentro do proxecto europeo Erasmus+, o Colexio Labor celebrou a súa Quincena Cultural. Durante dúas semanas, os alumnos de infantil e primaria puideron gozar de varias actividades relacionadas co mundo da cultura: conta contos en castelán e inglés, obradoiros de poesía en galego, lingua de signos, música en directo, obradoiros de cómics e marcapáxinas, espectáculos de maxia, etc.

Coa figura de Roald Dhal e seu libro "Contos en verso para nenos perversos" arrancou a quincena cultural co título "Cóntame un conto". A actuación do mago Cali, a participación no musical "Hansel e Gretel" na sala Ártika, o obradoiro de lingua de signos, foron algunhas das actividades que poideron disfrutar os nenos durante estas semanas. A quincena rematou cunha exposición de obras de alumnos das distintas clases realizados no obradoiro permanente sobre Roald Dhal.

Semana Europea

No ano 2003 o colexio Labor creou o Proxecto Europeo cuxo obxectivo era poñer o centro en contacto permanente con Europa e realizar intercambios culturais con outros centros da Unión Europea. Este ano os alumnos do colexio viaxaron no mes de setembro a Koszalin (Polonia) e neste mes de maio tocoulles recibir estudantes e mestres procedentes de Polonia e Alemaña, cos que ían a convivir e compartir experiencias durante unha semana na que debían culminar os traballos do proxecto común Erasmus+.

O Proxecto vertebrador do programa Erasmus+ desta ocasión era estudar e comparar os sistemas educativos dos diferentes países participantes. Para elo os alumnos de cada centro realizaron exposicións e presentacións de traballos en inglés que sería durante toda a semana na lingua de relación primordial.

Ademais alumnos e mestres puideron gozar de diversas actividades. Visitaron O Grove onde fixeron unha travesía dunha hora pola ría vendo a paisaxe, a actividade pesqueira, e as bateas coñecendo así de onde proviñan os mexillóns que puideron degustar no barco. Santiago foi o segundo destino, visitando o Museo Pedagóxico de Galicia onde os rapaces puideron facerse unha idea da evolución do ensino en Galicia o longo da nosa historia, así como o Santiago monumental acompañados por dous guías que lles explicaron a historia da catedral e da orixe da vila. O resto da semana transcorreu entre traballos, actividades no centro como as clases de baile de salón, e excursións en Vigo e seu entorno, así puideron coñecer a Praia de Patos e asistir a unhas clases de surf. Como peche da semana os grupos Xistra, de música tradicional galega, e o grupo da Escola de Música do Colexio CCMUS puxeron coa súa actuación un feche inigualable a unha semana intensa e emocionante.

Compartir el artículo

stats