Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Máis de 600 centros participan no Plan de Mellora das Bibliotecas

O Plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE) en centros non universitarios sostidos con fondos públicos chega este curso a 615 centros. A convocatoria deste ano, amplía a lista con 48 novas incorporacións, 38 centros públicos e, os outros 10, concertados. De feito, esta é unha das novidades da convocatoria, posto que por primeira vez, o PLAMBE tamén estará presente nos centros con concerto educativo.

En concreto, a iniciativa esténdese este curso a 23 novos centros da provincia da Coruña, 3 da de Lugo, 5 da de Ourense e 17 da provincia de Pontevedra.

Ao abeiro do PLAMBE, a Consellería de Educación financia, con máis de 1,2 millóns de euros, a adquisición de novos fondos documentais, a dotación de mobiliario e equipamento e gastos de funcionamento destes espazos. De feito, no caso dos centros de nova incorporación, as axudas irán destinadas precisamente a estes eidos.

Por outro lado, con respecto aos centros integrados no programa con anterioridade ao ano 2014, estes recibirán asignacións para a incorporación de novos fondos á colección da biblioteca; mentres que os centros que se sumaron na convocatoria do ano pasado poderán recibir, a maiores, financiamento para adquisición de mobiliario e dotación ou renovación de equipamentos básicos, así como para gastos de funcionamento específicos.

Con esta iniciativa, a Consellería reafirma a súa aposta pola mellora e modernización do sistema educativo a través da biblioteca escolar entendida como un elemento estratéxico de innovación pedagóxica. Unha biblioteca escolar activa contribúe a ampliar a calidade dos procesos de aprendizaxe e de ensino e resulta un instrumento importante para o profesorado e o alumnado.

Compartir el artículo

stats