Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Banda deseñada no Andersen

Exposición na biblioteca do colexio de A Garrida de cómics novos e tradicionais

Elaboración de caricaturas e debuxos nunha aula do colexio.

A banda deseñada é a protagonista das actividades do segundo trimestre no colexio Andersen, de A Garrida, Valadares. Despois de comezar o curso coa liberación de libros por todas as dependencias do centro a modo de bookcrossing, o primeiro trimestre dedicouse á literatura de terror, onde os alumnos e alumnas crearon de xeito colaborativo unha arrepiante historia que tivo o colexio como marco espacial. Neste segundo trimestre a banda deseñada estase a converter en protagonista. Para difundir este xénero, que gana cada día máis lectores e lectoras, na biblioteca do Andersen pódese desfrutar dunha variada exposición de cómics que abarca desde algunhas primeiras edicións de "El Capitán Trueno" ou da revista "TBO" de 1958, exemplares recentes que teñen como protagonistas a Mortadelo e Filemón ou a Astérix, mostras de autores galegos como Miguelanxo Prado ou Kiko da Silva e representantes das últimas tendencias do manga xaponés.

A modo de introdución, en xaneiro, celebrouse unha conferencia sobre as orixes, diversos aspectos técnicos propios do xénero e a diferente maneira de abordar a novela gráfica na escola xaponesa e na occidental.

"Aprendemos que é unha viñeta, unha cartela, unha metáfora visual, unha liña cinética... e descubrimos a importancia do encadre, o punto de vista, os planos, a caracterización? e tamén a estreita relación entre este xénero e o cine. Como mostra desta vinculación proxectáronse fragmentos sinalados da galardoada película de anime "A viaxe de Chihiro" que ten a súa orixe no manga", sinalan dende o Andersen. Para pór en práctica os coñecementos adquiridos converteron ós escolares en verdadeiros debuxantes de cómic. O departamento de Plástica ensinounos a expresar no papel diversas emocións e sentimentos empregando uns trazos básicos e a narrar unha historia a través da imaxe.

Para favorecer a implicación do alumnado solicitouse a súa colaboración que se plasmou na confección do cartel anunciador das actividades, na condución de varios obradoiros dirixidos aos seus propios compañeiros e compañeiras e, por último, na convocatoria dun concurso de ilustración no que o debuxo ganador será o elixido mediante os "like" de toda a comunidade educativa.

Compartir el artículo

stats