Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Vilalaura sobre rodas

A Asociación de Nais e Pais Magnolia da E.E.I. Vilalaura de Vigo leva aos alumnos da escola ao circuito do monte do Castro

A Asociación de Nais e Pais Magnolia da E.E.I. Vilalaura de Vigo organizou a terceria edición de "Unha mañá sobre rodas", para impulsar unha actividade deportiva, fóra da franxa escolar, para todos os nenos da escola.

Como cada ano, desenvolveuse no circuíto de bicicletas do Monte de O Castro de Vigo. Trala chegada dos rapaces á pista de bicicletas, pudieron facer a súa inscrición e contóuse con 110 inscritos, un aforo que superou as expectativas, para participar na actividade e onde se lle entregaron unhas pegatinas para participar no sorteo que se realizou ó final da xornada.

Posteriormente, os monitores da Escuela de Mountain Bike Monteferro Bike Club (Baredo, Angelito e Borja) dividiron por grupos de idade ós rapaces para comezar cos xogos e coas actividades de habilidade na pista. Contaron tamén co coñecido speaker Victorio que amenizou a xornada. Ademais de realizar circuítos con conos, rampas e carreiras por grupos, a idea era que os nenos pasasen unha mañá de divertimento facendo deporte todos xuntos. A ANPA entregoulles unha pequena merenda grazas a aportación dos patrocinadores do evento: Frutas Sol, Coca Cola e Gadisven. Ó redor das 12:00h baixaron todos á pista de rampas que se atopa xusto debaixo do circuíto, para que os riders da tenda Cromoly de Vigo, situada na rúa Camelias, realizasen unha exhibición de acrobacias, saltos, xiros e trucos dando a coñecer a disciplina do Freestyle ós máis pequenos, que estiveron encantados vendo todo o que fan estes chavales. Para concluir a actividade, fíxose o sorteo do material (30 regalos, ademais de dúas bicis, unha delas valorada en 269 euros) cedido pr Team Relay, Tramo Libre, Bici Total, Anca, Cro Moly e Bici o con.

O coordinador desta actividade, Borja Irago, argumenta que o motivo deste evento é dar a coñecer a ANPA. a todos os pais da Escola e, conseguir, grazas a estas actividades o incremento de socios. Deste xeito, poden darlles ós rapaces un grande abano de actividades, co fin de que gocen e ó mesmo tempo aprendan e non se olviden de utilizar o casco cando vaian en bici. A ANPA tamén se encarga da organización do Magosto, a visita das súas maxestades os Reis Magos de Oriente, o Entroido, a actividade de "Un día no tren", o Festival de fin de curso ou a Festa do Patio.

Compartir el artículo

stats