Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Lois Ripalda narra as aventuras dun golfiño na súa nova obra

A liberdade e o amor son os dous valores sobre os que xira "O golfiño ceibe", publicado por Ir Indo

Xosé Lois Ripalda. // Fdv

Mestre xubilado e escritor, Xosé Lois Ripalda suma unha nova obra á súa produción literaria con "O golfiño ceibe", que vén de sacar do prelo a editorial Ir Indo.

No libro, Ripalda narra as aventuras do golfiño Espelido, que percorre mares e océanos, chegando mesmo ás rías galegas, para chamar a atención dos humanos sobre a crueldade que sofre a súa especie. "Baseime nun feito real que se repite todos os anos: a caza de delfíns en Taiji, no Xapón, para crear esta historia na que a liberdade e o amor son dous dos valores fundamentais".

A idea do conto, que tanto poden ler nenos como adultos -"eu non escribo para idades", afirma o mestre-, xurdiu fai case dez anos, cando apareceu un golfiño na ría de Vigo "e comezou a facer falcatruadas".

Estes animais volven estar de actualidade despois de que unha parella de machos matase á cría dunha femia na ría de Arousa. "Por este feito non podemos dicir que os golfiños sexan unha especie asasina, como alguén me dixo pola rúa fai uns días", sinala Ripalda, que tanto na súa carreira como mestre como na súa traxectoria como escritor caracterízase por ser un grande defensor da natureza e dos animais. "Os humanos temos que aprender moitas cousas deles", afirma.

Compartir el artículo

stats