O director, productor e actor galego, Rubén Riós, protagonista da serie "Camiños de Irmandade" e o técnico en Turismo, Tono Mugico, que durante dez anos foi o director de Turismo do Concello de Santiago, están convencidos de que no Camiño de Santiago "queda moito por facer", tanto dende o aspecto da producción audiovisual como eixo productor como dende a vertente turística, entre outros.

Os dous analizaron a situación nunha conferencia-proxección-Coloquio que tivo lugar en Tui, promovida polo Club FARO DE VIGO, no seu XXV aniversario. Malia que se trataba de desenvolver o Camiño de Santiago dende o binomio de atractivo turístico e cinematográfico, ao longo do acto, e tamén coas aportacións do público, sairon á superficie non so virtudes senon problemas do camiño como as deficiencias, ainda hoxe, na súa sinalización.

O acto foi presentado polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que fixo unha intervención crítica coa xestión do camiño ao seu paso pola localidade e defendeu por exemplo que a sinalización en Portugal é correcta fronte a situación na que se atopa en Galicia. Tamén se referiu á proliferación "de multiples camiños" e fixo unha chamada de atención o tratamento que se lle debe dar ao mesmo.

Rubén Riós, que se presentou como un rapaz do rural galego que era hiperactivo e atopou na interpretación e no cine o seu sentido da vida, fixo referencia o proxecto de documental ficcionado sobre o camiño portugués "Camiños de Irmandade", que para el "foi o descobremento do camiño". Ademáis de proxectar un trailer da serie, indicou que este tipo de proxectos axudan a "vender" fora a Galicia. Noutro momento chegou a decir que o cine galego debe pensar máis en global, como fan os americanos para "vender" Galicia.

O proxecto, no que se ficciona unha historia de amor co coñecemento real do camiño, afirma que conseguiu enganchar a moito público tanto en Portugal (200.000 espectadores no último pase) como en Galicia, e dixo que é un gran elemento para proxectar ao mundo o camiño.

Na súa intervención, Tono Mugico mostrou o seu aspecto de entusiasta do camiño, como técnico en Turismo, e en varios momentos da súa intervención asegurou que en Galicia "somos uns privilexiados". Brevemente realizou un percorrido pola historia do Camiño de Santiago, comenzando polo Francés, lembrando a Elías Valiña, párroco do Cebreiro, que foi o primeiro que o marcou.

A pesar de ser entusiasta, dixo que que "hai que saber xestionar o éxito" e botou en falla que o Plan Director do Camiño portugués de Santiago non se teña feito ainda. "Isto esta empezando", asegurou Mugico a pesares das cifras de pelegrinos que xa se alcanzan -278.000 en 2016-. Tamén, fronte aos detractores, gabou a figura do chamado turi-pelegrino fronte aos pelegrinos e dixo que ámbolos dous son válidos no camiño. Así desvelou que existen xa axencias de viaxe que están vendendo paquetes turísticos baseados no camiño a uns 5.000 euros no mercado americano "e non podemos perder a eses visitantes". "Eles veñen porque queren facer o camiño con comodidades, e non pasa nada porque estean no camiño, moitas destas personas que veñen como turi-pelegrinos outro ano poden vir como pelegrinos..."

As vantaxes do camiño dende moitos aspectos, empresas que xorden e incluso na economía de escala, tamén foron defendidos por Mugico, que chamou a atención na necesidade de ter un control e facer as cousas ben, para que non ocurra como en Barcelona, referíndose ao problema da xentrificación no turismo. "Temos que ser rigorosos á hora de traballar, saber xestionar o éxito, é importante o repunte pero temos que ter rigor", apuntou o experto, que en varias ocasión referiuse aos camiños de Santiago como á galiña dos ovos de ouro para o turismo galego.

O técnico tamén se achegou á materia defendida polo outro compañeiro de faladoiro, ao afirmar que o cine axudará a vender o camiño de Santiago. Así lembrou a experiencia de "The way", a película de Martin Sheen vista por millóns de espectadores en Estados Unidos. "Hai varias experiencias, algunhas non costaron nada, que resultaron ser grandes reclamos para o camiño de Santiago e axudaron a que sexa máis coñecido".