O xornalista Alfonso Eiré presenta A morte do meu pai, editada por Hércules de Ediciones e que será presentada o venres 19 ás 20.15 horas, na Libraría Andel (Vigo). Acompañando o autor estará o escritor Alfonso Álvarez Cáccamo. A morte do meu pai "non é un libro máis no panorama editorial galego e tampouco é un libro máis para o seu autor, Afonso Eiré. É unha obra moi persoal no que o seu autor desnuda a alma, mostra o seu corazón e, tamén, patentiza os seus sentimentos", explican dende a editorial.Con esta obra, o autor busca ofrecer un libro universal no que teñen cabida as emocións, estado de ánimo, arelas e sufrimentos.