09 de mayo de 2017
09.05.2017

Javier García: "Mudamos roles, tempos, espazos e adaptámonos con novas metodoloxías"

"A relación social entre os estudantes mellorou moito coa mestura de idades", asegura

27.05.2017 | 07:59

A chegada de Javier García ao equipo directivo dun colexio público de infantil e primaria con 125 alumnos nunha parroquia marítima de Vilanova de Arousa, o Viñagrande de Deiro, supuxo toda unha revolución. Desde fai tres anos traballan partindo dunha organización e modelos totalmente distintos: non hai materias, exames, deberes nin libros, e as aulas mesturan idades. "Se asumimos con responsabilidade a labor docente, non podemos agardar a facer o de sempre e obter diferentes resultados", razoa García, que acaba de ser pai por segunda vez. Reflectimos unha síntese da conversa sobre o modelo educativo que mantivo con FARO.

-Nun so ano, o novo modelo de escola que plantexan logrou acaparar moita atención da comunidade docente e tamén a visita de Francesco Tonucci.

-As familias, cada vez máis, buscan non só o centro máis próximo á súa casa, senón ocuparse polo modelo de escola e educación que se lle vai ofrecer aos nenos, así que este ano vivimos moitas máis demandas desde Cambados, Vilagarcía.. e ata de Pontevedra. Estabamos nuns doce alumnos por aula e para o ano haberá xa tres cursos con máis de vinte. Estamos un pouco abrumados; é o primeiro ano que temos a oportunidade de implantar este modelo educativo.

-Ante a cuestión sempre polémica das tarefas académicas na casa, no Viñagrande téñeno claro: non hai deberes.

-O dos deberes é un detalle. Nós cremos que os nenos polas tardes teñen dereito a xogar, así que tampouco queremos que estean obrigados co traballo da escola. Os deberes como tal non existen, por norma non trasladamos actividades fóra do horario lectivo. So se un alumno non remata na escola a tarefa, pedimos con sentido común que cando poida, a traia feita para que non haxa un retroceso no progreso do resto da aula. Cremos que se aos nenos lles das a posibilidade de decisión da parte que lles toca, eles asumen responsabilidades.

-De onde vén a idea de renovar a escola?

-Hai que intentar loitar por outra escola. Durante os dous primeiros anos, o equipo directivo visitamos outras escolas con novos modelos en outras comunidades e aprendemos moito: abrimos as mentes. Foi o ano 2015 e en vez de imitar algún daqueles plans, eliximos facer o noso propio modelo para o noso colexio. A conceción que temos do alumnado inflúe na nosa maneira de intervir, programar e avaliar. Por iso plantexaremos unhas estruturas de organización metodolóxica que posibilitan o desenvolvemento global do alumnado.

-Cales son os piares desa nova Escola?

-Hai cinco piares que soportan o noso modelo educativo. O primeiro é unha nova organización espazo-temporal, que racha cos horarios estrictos e cos espazos, que permiten ao alumnado interactuar cos contidos. Por iso deseñamos contextos de aprendizaxe: temos contexto humanístico, literario, musical, matemático, artístico, científico, da lingua estranxeira e acabamos de instalar o de medios de comunicación. Entendemos que hai que dar saída a todo o traballo que fai o alumno, que non se pode quedar no caderno, porque perde motivación e por iso temos un "informadeiro". Ademais, tiramos tabiques para unir espazos nas aulas e xuntamos os de 3,4 e 5 anos, para que os alumnos interactúen para resolver as actividades ou o xogo libre. Deste xeito, posibilitamos a interación e ofrecemos a posibilidade de desempeñar roles diferentes. Ademais, a organización temporal está artellada en tres momentos de unha hora e media aos que chaman momento colectivo, vivencial e compartido. Neles se desenvolven as novas propostas pedagóxicas.

-¿Traballan un proxecto de estimulación temperá con sesións de psicomotricidade?

- Si. Unha das cousas que máis lle gustou a Tonucci foi a atención á psicomotricidade, porque nos demos conta de que o alumnado fóra da escola ten poucas posibilidades de moverse e dentro tamén está sentados. O movemento é básico, tanto para o desenvolvemento a nivel neurolóxico, social como emocional. Eu tiven opción de subir por un muro ou subir a unha árbore cando fun pequeno, pero hoxe en día moitos dos espazos son hostiles para os pequenos... Así que os alumnos de 3 a 7 anos teñen psicomotricidade todos os días. Tamén hai un programa de aprendizaxe lúdico: Nunha macroaula teñen posibilidade durante 45 minutos de interactuar en microcontextos cos seus compañeiros e coa aula de forma libre. E o profesor conduce realmente que é o que debe facer, dirixindo a aprendizaxe. Hai un momento vivencial, que constitúe un tempo de aprendizaxe vivido: a música, a arte, a segunda lingua estranxeira, os valores sociais e cívicos, os obradoiros manipulativos? deben ser aprendidos dende unha perspectiva moito máis práctica. Para iso, o profesorado especialista organiza sesións didácticas nas que o alumnado teña a oportunidade de sentir, vivir e emocionarse coas aprendizaxes. Dámoslle importancia a vivir a música dentro do propio corpo. Creo que os colexios non temos éxito no inglés porque non enganchamos de xeito divertido e vivencial.Hai momentos colectivos, vivenciais e logo momentos compartidos: con nenos mesturados en idades [1º con 2º, 3º con 4º e 5º con 6º]. Mellora moitísimo a relación social entre os propios compañeiros coa mestura de idades. Aumentou moito a discusión na aula porque hai traballo en equipo, pero as relacións son máis sanas. Traballamos a aprendizaxe baseada en proxectos e tamén aprendemos con grandes autores, porque temos a obriga de trasladar obras universais.

-Non teñen libros de texto.

-A mediateca e a biblioteca son os lugares de recursos, son as fontes básicas de información para realizar as actividades dos minicontextos. O libro de texto non é un recurso básico; existen moitos materiais, como a factura da agua ou da luz -relacionadas por exemplo coa resolución de problemas- e compártense. Custa que aos nenos lles gusten as matemáticas, pero se as abordas dunha forma manipulativa e teñen a posibilidade de vivila, enténdena. Traballamos as matemáticas cun supermercado na aula, hai unha zona para traballar contidos xeométricos. O outro día calculamos os perímetros con Google Maps, medindo os estadios de futbol. Se teño a posibilidade de aprender o ciclo da auga cun experimento, é máis probable que o grave para a toda a vida que se o aprendo nun libro para un exame.

-Pero vostedes tampouco fan exames, non si?

-Non. O alumnado, a través de rúbricas, coñece de antemán o plantexamento das actividades, exercicios e tarefas a desenvolver e como se van avaliar. Esto axuda a tomar conciencia da súa propia evolución nos procesos de aprendizaxe que se desenvolvan.

-A fin última é ensinar?

-Eu sempre digo que a escola vense a traballar, non a xogar. Nós queremos construír unha escola que ofreza resultados académicos positivos para os alumnos, que teña unha bagaxe cognitiva e emocional. Todos os centros din que o obxectivo básico e o desenvolvemento global do individuo. Facemos un cambio de roles. Penso que o alumnado é máis protagonista e o profesorado máis conductor: conduce por onde quere que os estudantes vaian camiñando e o alumnado entende a actividade depende do seu traballo.

- Como plantexan a integración das novas tecnoloxías.

-Somos da idea de que a tecnoloxía ten que valer para que o alumno poda crear. Outro dos nosos piares é a obriga de avanzar coa sociedade, que evoluciona a un ritmo vertixinoso, mentres os colexios están ancorados no século XIX ou XX, usando ferramentas caducas. Tamén cremos que a escola debería implicar a familia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

CINE


Nominaciones a los Oscars 2018
Nominados a los Oscars 2018: ¿Cuándo se anuncian?

Nominados a los Oscars 2018: ¿Cuándo se anuncian?

El mayor evento cinematográfico del año se celebrará el próximo 4 de marzo en Los Ángeles

Los estrenos de la semana: Llega lo nuevo de Spielberg

Los estrenos de la semana: Llega lo nuevo de Spielberg

Regresa con 'Los papeles del Pentágono', protagonizada por Tom Hanks y Meryl Street

Las mejores películas de Tom Hanks

Las mejores películas de Tom Hanks

Desde 'La milla verde' hasta 'Forrest Gum', repasamos los grandes éxitos del actor

Kevin Spacey, acusado de una tercera agresión sexual

Kevin Spacey, acusado de una tercera agresión sexual

Un hombre anónimo ha denunciado a Scotland Yard que fue víctima de los abusos del actor en 2005


Brigitte Bardot critica a las actrices que "provocan" para obtener un papel

Brigitte Bardot critica a las actrices que "provocan" para obtener un papel

La estrella del cine en los 50 califica de "ridículas" la mayoría de denuncias sobre acoso sexual

Muere Hugh Wilson, director de ´Loca Academia de Policía´

Muere Hugh Wilson, director de ´Loca Academia de Policía´

El escritor y cineasta fue el creador de series como 'El local de Frank' o 'Radio Cincinnati'

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine