A cultura galega é "unha comunidade plural e aberta capaz de xenerar orgullo colectivo", lembrou o presidente da Asociación Culturgal, Manuel Bragado, na apertura da feira das industrias culturais, que este fin de semana convoca en Pontevedra ós principais actores e representantes do sector do libro, as artes escénicas, a música, as novas tecnoloxías, o audiovisual, a consultoría e asesoramente cultural, os medios on line?

Os distintos produtos, servizos e ideas amosanse en 81 stands que ocupan todo o recinto feiral e nos que están representadas máis de 100 empresas, agrupadas baixo o lema "Cultura, Comunidade, Futuro".

Éste alude á corresponsabilidade das empresas e profesionais participantes, pero también do público, os máis de 15.000 visitantes que agarda recibir a feira e que un ano máis pagan unha entrada simbólica (2 euros por día os adultos e 1 os menores de 12 anos) para contribuir ó mantemento do Culturgal.

O público familiar ten un ano máis un especial protagonismo e xa nas primeiras horas a feira recibiu a visita de ducias de nenos, que tiveron oportunidade de facerse fotos co Xabarín, Pikachu ou Doraemon, de visita no Culturgal. A uns metros, uns adolescentes probaban a converterse en presentadores do Telexornal, lendo unha noticia diante das cámaras. As gravacións realizadas poderán verse nos vindeiros días, na páxina web da Televisión de Galicia.

Participar nas presentacións de libros, achegarse ás novidades que os distintos sectores presentarán no vindeiro 2017, disfrutar da música, dos monicreques, do teatro, mercar, debater ou ver audiovisuais son algunas das máis de 100 actividades complementarias, un programa inabarcábel que, como lembrou Manuel Bragado, "é unha auténtica proeza".

O diputado provincial de Cultura, Xosé Leal, calificou de "fito" a "cantidade inxente de actividades, que proba o bulir da nosa cultura". No stand da Diputación teñen especial protagonismo 35 concellos de Pontevedra que realizarán presentacións dos seus principais activos culturais, monumentais, de natureza etc nun anticipo da programación do 2017, Ano do Patrimonio.

Pola súa banda, o director xeral de Cultura incidiu no "papel central de Culturgal como escaparate da cultura galega", un sector que "xera emprego e riqueza, mentras que oturas iniciativas teñen que ver coa culatura de base, imprescindíbel para o noso progreso".

O alcalde de Pontevedra e anfitrión do Culturgal, Miguel Anxo Fernández Lores, aludiu as ameazas á nosa lingua e cultura derivadas da globalización antes de convidar á festa, o optimismo e a celebración da nosa creatividade e facer votos porque saibamos "consolidar e vivir do noso" nun sector, o cultural, que atravesa un forte momento de cambio.

E despois do arranque,a feira propón hoxe máis de 45 actividades, de novo para todos os gustos, desde a spresentacións do Ano do Patrimonio o fanzine GzMusica.com que recolle todo o relativo á música galega, do programa "Nortear" da Xunta para promocionar e difundir a cultura entre a cidadanía galega e o norte de Portugal, ou da "Marca CE", un distitntivo dos xoguetes comercializados en Europa.

Tamén haberá conversas con María do Cebreiro e Marilar Aleixandre, presentacións de libros de Tago Alves, Carlos Taibo, Carlos Paxos, Claudio Rodríguez Fer ou Afonso Eiré, que dará a coñecer a obra "Gallegos unviersales. Influencia de Galicia en el mundo" e no que está presente a teoría do Colón galego.