17 de septiembre de 2016
17.09.2016

Ledicia Costas: "Escribir en galego implica moitas renuncias, tamén unha conciencia"

A viguesa presenta "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta"

17.09.2016 | 04:55
Ledicia Costas, onte, en Vigo. // José Lores

A escritora Ledicia Costas presentou onte unha historia que, como ela mesma define, "é unha mesturan da realidade histórica do Vigo de finais do século XIX e a ficción literaria. Protagonizada por unha estirpe de mulleres que teñen alma de planta, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta ven avalada polo premio Larazillo de Creación Literaria 2015.

-As mulleres teñen moito peso nesta historia.

-Nos últimos anos as mulleres, e falo en concreto da literatura infantil e xuvenil, son protagonistas e creo que iso é algo positivo porque en décadas anteriores non era así. A min interesábame relatar a historia dunhas mulleres cunhas características moi singulares. A pesar de que elas viven dentro de esa ficción literaria nun momento histórico onde todas as grandes fortunas estaban manexadas por homes, como Sanjurgo Badía ou o proio Verne, elas teñen a forza, a fouteza e a coraxe necesaria para conseguir aquilo que elas se propoñen. Esa era a miña idea central, que a súa valentía fose suficiente.

-Comparten proganismo con Jeles Verne. Por que escolleu este personaxe?

-É un tipo moi atractivo para calquera persoa que se dedique ao mundo da escrita. Está rodeado de un halo de misterio e pareceume moi interesante convertelo en personaxe de novela. Cando descubrín que Verne estivera en Vigo despois de escribir 20.000 leguas de viaxe submarino e non antes, como eu pensaba coa lóxica, entón pensei que por qué non recrear unha das viaxes de Verne a Vigo a partir de esa realidade histórica e do contexto que rodeaba á cidade e ao propio escritor. E así foi como me animei.

-A novela ven avalada por un dos premios máis prestixiosos como é o Lazarillo. Como se sinte?

-Moi contenta, sobre todo por presentala na cidade de Vigo que é un dos grandes protagonistas da novela. O feito de levar o premio Lazarillo e fantástico porque é unha novela escrita en galego e é un premio de ámbito nacional. Para min o feito de que lle concedesen ese premio a unha obra escrita en galego é algo que me reconforta e me anima moito.

-É unha grande defensora do galego, pero este libro se publica tamén en castelán...

-Si, e en breves tamén en catalán. Malia que temos moi poucos apoios e é complexo o tema das traducións, escribir en lingua galega implica moitas renuncias, tamén implica unha conciencia e un posicionamento claro con respecto á lingua e creo que aquí hai que escribir dende o galego.

-Ambientar a obra en Vigo foi gratificante?

-Ese é outro dos fíos dos que tirei. Vigo para min é unha cidade moi literaria e como escritora ter a posibilidade de ambientar unha novela na cidade na que vivo é fantástico. Declárome fan e unha namorada da cidade na que vivo e dalgún xeito quixen facerlle unha grande homenaxe a miña cidade e que mellor maneira que escribir unha novela.

-Xa está amasando outra historia?

-Acabo de rematar unha novela infantil e tócame empezar outra pero de adultos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine