A Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié melloraron o Portal das Palabras, un espazo de difusión do léxico e a lexicografía do galego, para ofrecer un contacto máis estreito coa sociedade. Tres anos despois da súa presentación, onte presentáronse as novidades deste ferramenta, tanto na súa versión web coma nas aplicacións para móbiles e que permitirán unha maior expansión das súas utilidades.

Fixérono o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, e o seu homólogo na Fundación Barrié, José María Arias, para quen "o portal debe crecer en profundidade implantándose aínda máis na sociedade galega". "Cara ao exterior, queremos atopar instrumentos para compartir a nosa experiencia e recibir a experiencia allea", agregou Arias.

Neste sentido, a RAG e a Fundación Barrié iniciaron o proceso de internacionalización para que a metodoloxía e a tecnoloxía deste portal pode ser transferida a outros idiomas. Por iso, o próximo 23 de xuño esta iniciativa presentarase en Guipúzcoa nun encontro con representantes de 80 linguas europeas.

Entre as novidades, cabe destacar o "bot" para Facebook, "Dicionario RAG" que define termos por medio do "messenger" desta rede social. A nova versión do portal incorpora tamén un sistema de colaboración para a mellora do diccionario dándolle voz aos usuarios. A través da lapela "Axúdanos a mellorar", visible ao final de cada busca dun termo, esta función permítelles evitar observacións e propoñer actualizacións ou melloras das definicións. Ademais, estrea novas versións de aplicacións móbiles e unha versión de xogos específica para dispositivos móbiles.

O Portal das Palabras é unha iniciativa da RAG e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a difusión da lingua galega.