O Gran Premio de España, a única carreira de Fórmula 1 que se emite en aberto en toda a tempada, retransmitido o pasado domingo por TVE, obetivo unha audiencia de 2.481.000 telespectadores e alcanzou unha cuota de pantalla do 23,7%. Segundo informou Radio Televisión Española nun comunicado, ata 6.067.000 espectadores seguiron nalgún momento a carreira disputada no circuito de Montmeló e que rematou coa victoria do piloto holandés Max Verstappen.