"Os fotogramas corresponden ao documental "Autopista, unha navallada á nosa terra", elaborado por Llorenç Soler en 1977. Trátase dunha produción de 30 minutos, filmada con medios moi limitados durante o proceso de construción da autoestrada AP-9, na que se presta atención aos debates e asembleas vinculados á resistencia contra esta infraestrutura ou, máis ben, con respecto a como esta foi xestionada en relación coas comunidades rurais afectadas polo proxecto. Llorenç Soler era un realizador valenciano que formaría parte do grupo de creadores que tentarían achegarse á realidade, durante a Transición, con olladas que saían do discurso dominante. En Galicia tamén elaboraría outro documental sobre o proceso de recuperación dos montes comunais expropiados polo franquismo, "O monte é noso" [...]".