| Correlingua, na súa edición número 16, chegou onte a Vigo. A carreira a prol do idioma galego na que participa o alumnado de todos os ciclos formativos e que organizan CIG-Ensino, Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Mesa pola Normalización, marchou da praza do Concello ata o Parque de Castrelos e contou co apoyo da administración local. Correlingua recorrerá doce localidades da comunidade ata o 16 de maio co lema "O galego está en nós".