Os esforzos por manter o telón subido

Compañías galegas de teatro e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia denuncian a "precariedade" que está a vivir o sector e reclaman un maior compromiso político

27.03.2016 | 13:53
A obra "Presidente", de Teatro do Morcego. // Gonzalo Nüñez

Con motivo da celebración da XX Edición dos Premios María Casares de Teatro, que terán lugar o próximo mércores no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, e coincidindo con que hoxe se celebra o Día Mundial do Teatro, membros das compañías coruñesas que optan ós galardóns e representantes da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) -organizadora dos mesmos- destacan a precariedade que está a vivir o teatro galego dende hai anos. "Estamos moi ilusionados. Ademáis coincide co vinte aniversario do pasamento da actriz María Casares, polo que é dobremente especial. Facer unha gala de teatro galego sempre é unha gran alegría porque significa que aínda hai cousas que celebrar, dentro dun ambiente non tan favorable", comenta a actriz e vogal da AAAG Laura Míguez, quen destaca o "compañerismo" que existe na profesión, debido a que, independientemente de estar nomeado ou non, o importante é "xuntarse e falar de que sigue habendo traballo, de que sigue habendo teatro por moitos anos, esa é a mellor alegría".

Nos trinta anos que a Asociación leva en pé, lográronse moitas cousas a prol do sector en Galicia. "Vemos que é unha alegría contar con representación de novas compañías, de novos espectáculos... A Escola Superior de Arte Dramático -fiel aposta da AAAG- acaba de cumprir dez anos de vida, un feito importante a destacar porque están convivindo varias xeracións e iso so pode xerar riqueza á cultura galega a nivel das artes escénicas", comenta Míguez. Con todo. a vogal recoñece que aínda quedan moitas outras por facer, xa que "trátase dunha profesión que está sendo moi vilipendiada úlimamente; a cultura, en xeral está sendo pouco protexida".

Dende a Asociación destacan o retroceso que se está dando á hora de poder realizar os espectáculos e sacalos adiante. "Falta pensar, darlle a importancia que nós lle damos a cultura galega; esa preocupación polas artes escénicas en todos os seus sectores. Nos temos unha preocupación como profesionais en canto á formación, á innovación, á investigación teatral... e precisamos dunha protección por parte das institucións para que nos sigan deixando crear e difundir os nosos productos, as nosas obras", denuncia a artista galega Laura Míguez.

O tema do idioma tamén é algo que dende a asociación notan que está a ser desprotexido. "Eu, por exemplo, formo parte dunha compañía -ilMaquinario Teatro, creada no 2012- que traduce as súas obras porque é unha forma de exportar a cultura galega. A nosa forma de crear, a nosa identidade cultural, está implícita nun idioma tan rico como é o noso, e nós si que podemos traducilas para fóra pero nunca se nos ocorrería partir dun proceso de creación en castelán porque non forma parte da nosa identidade cutural", explica a actriz.

Poder vivir do teatro en Galicia é un deporte de risco que cada vez se fai máis difícil para os actores e actrices do país. "É unha loita contra unha política agresiva de IVE, de impostos, de precariedade económica... pero pódese, non sei se dicir, sobrevivir. Temos que loitar aínda moito máis por poder garantir que a xente poida vivir do teatro e dotalo de máis recursos económicos e de máis protección por parte da Administración. O que pedimos é que distribúan os cartos dunha forma máis óptima e que non deixen un pouco á arbitrariedade da improvisación de cada político ou de cada autoridade", salienta Míguez.

Con todo, o público quere e precisa teatro e para a vogal da Asociación "é o momento de contar historias; sempre é o momento de contalas, pero cando a realidade é máis extrema ou nos afecta máis, a ficción sempre axuda a disfrutar, a evadirse".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

CINE


Lennie y Verdaguer dan a conocer los nominados
Premios Goya 2018: Lista de nominados

Premios Goya 2018: Lista de nominados

Las películas 'Handia' y 'La librería' son las favoritas con 13 y 12 nominaciones respectivamente

´Handia´ y ´La librería´ acaparan las nominaciones a los Goya

´Handia´ y ´La librería´ acaparan las nominaciones a los Goya

La cinta de Aitor Arregi y Jon Garaño, y la de Isabel Coixet son las favoritas con 12 candidaturas

Aciertos y errores de ´Star Wars: Los últimos Jedi´

Aciertos y errores de ´Star Wars: Los últimos Jedi´

Repasamos, sin spoilers, las fortalezas y las debilidades del filme que se estrena el viernes 15

Premios Goya 2018: Joaquín Reyes y Ernesto Sevilla presentarán la gala

Premios Goya 2018: Joaquín Reyes y Ernesto Sevilla presentarán la gala

Los humoristas se adelantan a la Academia que tenía previsto anunciarlo el próximo 20 de diciembre


´El gran desmadre´, vulgar y con tópicos

´El gran desmadre´, vulgar y con tópicos

La segunda parte de 'Malas madres' repite línea argumental centrándose en la Navidad

Así ha sido la premiere de ´Star Wars: Los últimos Jedi´ en Londres

Así ha sido la premiere de ´Star Wars: Los últimos Jedi´ en Londres

Los príncipes Harry y Enrique, invitados de honor al estreno del filme que llega a los cines este...

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Enlaces recomendados: Premios Cine