Un grupo de refuxiados avanza por Europa // Gabriel Tizón

A palabra 'refuxiado' vén de ser elixida como a palabra do ano segundo a enquisa feita pola páxina Portal das Palabras. O termo impúxose na fase de votación ás outras cinco finalistas -feminicidio, rechouchío, indignación, xihadismo e plebiscitario-, as máis populares de entre propostas.

Con 417 votos e unha ducia de votos de diferenza, 'refuxiado' gañoulle a partida a 'feminicidio', que ocupou o segundo posto e 'rechouchío', que ocupa o terceiro posto e, segundo o Portal das Palabras, dá "conta da consolidación das formas de noso no ámbito das redes sociais."

"A chamada crise dos refuxiados detentou o interese informativo e circularon imaxes que provocaron un grande impacto na conciencia social, ao tempo que se publicaban milleiros de textos, noticias e comentarios sobre o tema, facendo de refuxiado unha palabra clave e de máxima actualidade neste 2015", xustifica a organización desta particular competición lingüística.

O Portal das Palabras abriu a votación o pasado 17 de decembro tras finalizar a fase de suxestións na que se recolleron 174 termos distintos. Segundo a iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié, nas votacións participaron ao redor de 1.700 persoas.

Os termos que chegaron ao portal facían referencia a temas de actualidade como os relacionados coa crise dos refuxiados, os vinculados coa situación social e política, e os sentimentos provocados na xente. Tamén chegaron palabras sobre a barbarie da violencia de xénero e do terrorismo, sobre os procesos soberanistas e sobre a tecnoloxía.

Refugiado, palabra do ano tamén para a Fundéu

A Fundación del Español Urgente, promovido pola Axencia EFE e o BBVA, acaba de anunciar que 'Refugiado' é tamén a súa palabra do ano 2015. Por terceiro ano consecutivo, o Fundéu BBVA revelou a súa palabra do ano, escollidos entre máis de douscentas recomendacións ás que dedicou parte do seu diario durante os últimos doce meses.

"O noso traballo ten que ver coa linguaxe e cos medios de comunicación, polo que se trata de buscar unha palabra que basicamente cumpra cos dous requisitos: foi noticia, xerou conversas este ano e tamén ten algún interese desde o punto de vista lingüístico", explica o CEO de BBVA Fundéu Joaquín Muller.

En 2013, a elección foi "escrache", un termo que alcanzou o español de España e doutros países como Arxentina e Uruguai, con referencia ás manifestacións fóra das casas de políticos e outras figuras públicas. En 2014 decidiuse "selfi" adaptación española do anglicismo "selfie".