Os arrecendos e sabores dunha receita das que aparecen en Escarlatina, a cociñeira defunta -a obra de Ledicia Costas que gañou no 2014 o Premio Merlín de Literatura Infantil, entre outros- estendéronse onte por Vigo. Foi no restaurante de El Corte Inglés onde trinta nenos axudaron á escritora e a Escarlatina a cociñar un flan.

Durante hora e media, os cativos puxéronse no papel de Román, o pequecho que protagoniza o libro e cuxo obxectivo é botaller unha man a esta muller do outro mundo para que reviva co sabor dos platos.