Non se trata,según Cabeza, de negar a flexibilidade necesaria para que as empresas compitan nuns mercados globais. Pero si de lembrarlle á sociedade que precisamente o Dereito do Traballo cumple un papel de lexitimación da economía de mercado mediante reglas compensadoras que permitan a suficiencia económica e lle confiran o estatuto de cidadanía ás persoas traballadoras. Para il hai un repuntamento do poder e da autoridade do empresari, un baleirado dos dereitos laborais e unha precarización máis intensa dos perfís de traballadoresmáis vulnerables.

Explicou o catedrático que a espiral descendente dos salarios ten que ver coa perda de carácter vinculante dos convenios colectivos e da súa taxa de cobertura. " O salario mínimo interprofesional nesta última lexislatura -do 2011 ao 2015- únicamente subiu 7 euros e 40 céntimos -de 641,40 a 648,60-, é dicir, un 1,15 por 100 en catro anos. O IPC evoluiu no mesmo período nun 2,1 por 100. Por tanto, hai unha perda de valor adquisitivo", afirmou.

En canto a tutela dos despedimentos, opinou que se foi abandonando a tutela real, isto é, a obriga de readmisión, de tal xeito que a extinción por vontade do empresario se convertiu nun debate de custes. En canto a materia retributiva, sinalou tres propostas a considerar: un incremento do salario mínimo e do IPREM dun 20 por 100 a catro anos vista, unha garantía da forza vinculante dos convenios acompañada de mecanimos de flexibilidade negociada coas representacións dos traballadores e sometida en última instancia a arbitraxe e, a terceira, unha garantía de transparencia dos métodos de cálculo do salario, en particular do variable, con acaída información ás representacións dos traballadores.