"A música galega é como Deus: para a maioría dos humanos non existe"

Logo de tres anos e medio en silencio, Os Cempés, reaparecen en escea.

 16:55  
A actual formación de Os Cempés
A actual formación de Os Cempés Juan Luc Rúa

LOURDES VARELA -Os Cempés semella unha especie de grupo-lóstrego: de súpeto, aparece e desaparece, vaise e volve…É este un xeito de subsistir, debido ás circunstancias, ou trátase dun modelo escollido expresamente por Vdes.?
-Máis ben diriamos "grupo mutante", porque nestes vinte anos, dende o primeiro concerto en 1992, en Cedeira, mostramos catro formacións diferentes …O descanso que fixemos foi anunciado con datas concretas, e cumprímolas. Explicamos que durante o 2007 fariamos unha xira de despedida, e o 22 de decembro dese ano demos o último concerto desa etapa. A formación folk-rock d´Os Cempés nese momento funcionaba perfectamente nos directos, pero despois de varios intentos de renovar o repertorio, decatámonos de que non atopabamos o camiño. O lóxico era parar e esperar a que se deran as circunstancias para retomar o proxecto con novas ideas. Tres anos e medio despois, chegaron as circunstancias e mais a inspiración.

-O caso é que un labor como Tentemozo parece requerir dun proceso de elaboración longo. O resultado final é o que Vdes. querían cando se puxeron a falar do "próximo disco" ou foi xurdindo pouco a pouco?
-O disco realizouse bastante rápido para o complexo que é! Mais o resultado da gravación é froito de reunións, de moitos anos de aprendizaxe e experiencia de todos os participantes. No verán de 2011 preparamos a nova formación con Pablo Dalama aos saxos e clarinete, Fernando Barroso co bouzouki e Ramón Dopico nas percusións. Preparamos un directo nun mes con varios temas novos que levariamos só a dous concertos: un en Fisterra e outro en Lugo. Completamos o repertorio para Tentemozo e definimos qué músicos e amigos queriamos que tocaran con nós. En outubro podiamos imaxinar o son do disco e programamos o proxecto no calendario. Resumindo moito, ensaios cos colaboradores en outubro, o comenzo da gravación sería o 2 de xaneiro de 2012 e a saída do disco finais de maio. Nós mesmos sorprendímonos do ben que foi fluindo todo, e cada peza que ía soando no estudio "A Ponte" de Tomás Ageitos reafirmounos en que iamos ben (sustos á parte, que sempre os hai).

-De entre todas as colaboracións, sobresae a dos mozos e mozas da Escola Livre da Música Popular. Cómo xurdiu a conexión entre Os Cempés e a Escola?
-Óscar Fernández imparte clases de zanfona nesa escola dende o ano 2001. Aproveitando esa circunstancia e vendo que precisabamos dun evento especial para este disco, que mellor que mostrar ao público que este tipo de música non pertence só ao pasado, acompañándonos dos novos intérpretes?Na Escola Livre da MPG, a Central Folque, que cumpre once anos de historia, cos alumnos, profesores e tamén con máis amigos músicos atopamos os timbres que queriamos incluír no disco, temas como "Pasodoble Lugo-Ferrol", "Mañá" ou "Pasodoble da Illa" non poderían ser gravados sen a súa axuda. Poderiamos ter feito un disco con artistas máis coñecidos, pero quixemos ter as novas fornadas de músicos connosco e tamén facelos visibles nuns momentos nos que, especialmente para eles, as oportunidades de facer un oco no mundo da música son ben complicadas.

-Máis aló das colaboración artísticas, tamén está o orixinal xeito de financiación do álbum. Como naceu a idea? Agardaban a resposta de tanta xente?
-Non queriamos que pasara o de sempre: acabas de facer un disco, xeras moitos gastos e estás a deber cartos a todo o mundo ata que empezas a ter concertos e adicas as ganancias, se as hai, a pagar débedas. Ao plantexar a idea, pareceunos que falabamos dunha lenda urbana, pero buscando pola rede batemos con que a finaciación colectiva, a través de pequenas achegas de moita xente -coa que te comprometes a entregar unha serie de recompensas en función da cantidade que poñen-, estase a usar dende hai tempo na edición de traballos de investigación en todo tipo de campos, na produción de curtas, videoclips, traballos discográficos, libros… Contactamos cunha web que se adica a coordinar este tipo de campañas, Verkami.com, que nos asesoraron en tódos os detalles e con calma, e despois dunha campaña previa de comunicación, onde explicamos o proxecto, lanzamos a convocatoria de micromecenado, tamen chamado "crowfunding". O resultado, incrible: 5500 euros, que foi o mínimo de cartos establecido para levar adiante o proxecto, xuntouse en catro dias. Nos corenta restantes, os mecenas, unhas setecentas corenta persoas, acabaron xuntando case o dobre do orzamentado nun comenzo. Ainda así, ao final fáltounos algo máis para pagar todos os gastos, en breve esperamos telo todo saldado. Cumprir os plazos de entrega das recompensas e facer un bo traballo, convértese con este apoio nunha responsabilidade (que xa o era) inmensa que nalgún momento nos chegou a asustar un pouco. Un acordo con BOA Music. e a través de Fol Música, fixo posible a edición do disco e a súa distribución nas mellores condicións. A lenda de que o público non paga entradas para os concertos e de que quere todo gratis é mentira. É certo que non hai tradición de cobrar entradas nos festivais de verán, o que é unha anomalía que nos pasará factura no futuro, pero se despertas a curiosidade do público e ofreces algo interesante, a xente participa activamente e pon a súa parte para pagar o custo dos proxectos.

-A inclusión de dous pasodobles reflicte que Vdes. entenden a música galega sen prexuízos...
-A música "galega" é como Deus: para segundo quen, resulta un concepto diferente, ou incluso, para a maioría dos humanos, non existe. Canto máis coñeces a música feita en Galicia ao longo do tempo, máis variedade atopas e máis te dás conta de que é (como todas) unha fusión de músicas á que hai que poñerlle unha etiqueta para chamarlle dalgún xeito.

-Hai varias pezas do disco que chaman a atención, pero pola súa curiosidade está o corte do rescate sonoro que realizan en "1904". Cóntennos, logo, a historia desta gravación antiga.
-En 1904, un estudio móbil da Compagnie Française du Gramophone desprazouse de Paris a Pontevedra para rexistrar en gramófono as pezas que interpretaba o coro Aires d´a Terra, dirixido polo gaiteiro, e tamén boticario, Perfecto Feijoo. Esta gravación foi reeditada pola discográfica Ouvirmos en 2004, no 100º aniversario do evento. A peza que leva por titulo no orixinal "Coplas de Cego" xa era coñecida como a referencia máis antiga do son da zanfona en Galicia entre os zanfonistas e amantes da música tradicional, en xeral. O certo é que a zanfona orixinal case non se escoita na gravación; quixemos facer unha reelaboración do tema desde un punto de vista actual, pero respectando ao máximo a melodía, que non é unha canción senón máis ben un recitado. A letra orixinal tampouco se entende ao 100% e incluímos só unha das coplas,; o resto delas, do mesmo estilo, coñecémolas grazas a Ramón Piñeiro (Chito) , o investigador vinculado á Escola Livre.

-Cumpren xa vinte anos de traxectoria. Pensaban chegar a esta "idade artística" cando comezaron?
-Nunca nos plantexamos canto tempo existirían Os Cempés, non temos ningunha obsesión por cumprir moitos anos como grupo. En todo caso, que os anos que esteamos en activo teñan razón de ser, que o público queira vir aos nosos concertos e ofrecer cousas novas.

  HEMEROTECA

Gastronomía


Minipizzas.
Minipizzas.

Minipizzas

Aprende cómo elaborar este divertido plato perfecto para los más peques de la casa

Fondue de champiñones y ave.

Fondue de champiñones y ave

Deslumbra a tu familia con este delicioso e innovador plato

Bacalao a la moderna.

Bacalao a la moderna

El bacalao es uno de los pescados más sabrosos, descubre como prepara esta especialidad

Torta de arroz.

Torta de arroz

Aprende de una manera fácil y rápida cómo se prepara esta innovadora receta

Fetuccini a la crema.

Fetuccini a la crema

Descubre cómo preparar este plato en pocos minutos y de una manera sencilla

Champiñones a la plancha.

Champiñones a la plancha

Este plato, delicioso y fácil de preparar, es perfecto para los días de calor

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009