Carlos Maside, 50 anos en ausencia

 11:18  
   Carlos Maside posa fronte a un dos seus autorretratos.
Carlos Maside posa fronte a un dos seus autorretratos.  

Artista rompedor, a súa figura agarda a creación dunha Fundación co seu legado

MAR MATO / VIGO Non hai convocados nin actos, nin exposicións para honrar ao excelso pintor Carlos Maside (Pontecesures, 1897-Santiago, 1958). Hoxe, cúmprense 50 anos do seu pasamento e a pesar de ser un dos meirandes pintores da nosa historia, mercar un libro sobre a súa obra non é doado. En dúas das principais librerías de Vigo, non se atopa nada. Mesmo, unha dependenta responde: "¿Carlos Maside? No, no tenemos nada. ¿Gallego, no?".
Maside prosegue o seu exilio. Non é a primeira vez. Trala Guerra Civil, negouse a emigrar a pesar do seu pasado galeguista e de esquerdas. Despois, evitou como puido que o "pasearan" para autoobrigarse a case non coller o pincel durante anos. Agora, é a propia terra que tanto quixo quen parece esquecelo.
A súa figura segue á espera dunha fundación, na mente dos seus herdeiros e de varios amigos como Isaac Díaz Pardo. Centros como o Museo Carlos Maside, -no Castro-Sada- ou o Museo de Castrelos expoñen os seus cadros mentres obras publicadas noutrora lembran a súa magnificencia. En 1954, Ricardo García Suárez (Xoán Ledo) recollía nun libriño conxunto con Álvaro Cunqueiro: "A pintura de Maside é parte do advento da pintura galega". Colmeiro, Laxeiro, Maside, o triunvirato amigo.
Vigo e Santiago foron as súas cidades de residencia e de traballo. "A Maside, encantáballe Vigo. De abril a setembro, vivía na cidade. De outubro a abril, marchaba para Santiago", relata Xulio Maside (Vigo, 1933).
Unha mentira piadosa
O sobriño do pintor lembra como Maside comezou a vivir na cidade olívica a raíz de gañar unha praza de mestre de debuxo na Escola de Artes e Oficios da que foi destituido no 1937, en plena guerra, acusado de ser amigo de Laureano Santiso Girón, avogado compostelano e masón. Co consentimento deste, no xuízo, Maside declara non coñecelo de nada, cando eran íntimos amigos.
A pesar da mentira, quedou sen praza. "A postguerra foi complicada e pasouno moi mal", reflexiona o seu sobriño que morou con el en Compostela durante anos. Ás penurias do pintor (que chegou a pintar cadros a cambio de comida no Mosquito), sumábase a saúde delicada por mor da diabete e mesmo conta Xulio que foi a doenza a que motivou que non quixese casar co amor da súa vida, Maruxa Vázquez, para non lle dar traballo coidándoo.
Tanto antes da guerra como despois, Maside relacionouse cos intelectuais e persoeiros da época: Otero Pedrayo, Castelao, Fernández Grasse, Ricardo García, Fernández del Riego, Xaime Illa Couto, as familias Massó (para quen deseñou etiquetas para as conservas) e Álvarez Blázquez. Precisamente, adoitaba pasar con esta última os días de verán na casa que alugaban na praia da Foz xunto ao Lagares onde o neno Darío Álvarez (pintor e médico xubilado agora) tiña a arela de ser coma el. "Eu sempre estaba ao seu carón porque eu quería ser pintor", rememora desde a súa vivenda de Gondomar. "Fun alumno seu cando estudaba Medicina en Santiago nos anos 1955 e 1956. No seu estudo de Santiago, lembro, tiña un autorretrato que retocaba todos os días. Nunca estaba satisfeito, cousa que lle honraba. Para min, foi un dos bos e xenerosos, un bo de corazón que non tiña nin un chisco de envexa para seus compañeiros de profesión. (...) Nunca se deixaba vencer polo diñeiro. Era prudente, modesto", defende Darío Álvarez.
Este último lembra como Maside, "a pesar de ser manso, era moi visceral ás veces cando defendía unha tese, entón petaba cos dedos indice e medio da man dereita na mesa con forza e facía saltar as xerras, as culleres... Todo o mundo quedaba abraiado".
Lonxe da bohemia
Coinciden Darío Álvarez e Xulio Maside que Carlos Maside non era para nada bohemio, ben polo seu carácter, ben pola súa doenza. De feito, un día o pai de Darío sendo este ben pequeno "atopouno no balcón do seu piso en Vigo (fronte á Casa de Arines na Pedra) cun coma hipoglucénico a causa da diabete". Alí, naquela casa, de catro a seis da tarde no seus últimos anos de residencia en Vigo, Carlos Maside pasaba ese tempo a falar con María do Carme Kruckenberg. A poeta viguesa relata como "un día ía con Laxeiro para o café Derby (na praza de Colón) pola rúa do Príncipe e atopámonos con el, presentoumo e foi encantador. Deume moita pena cando marchou para Santiago".

  HEMEROTECA
El músico gallego mantendrá una charla con los lectores de la edición digital de FARO el lunes 23 de abril desde las 10:00 horas.  Envía tu pregunta »

Gastronomía


Menestra de espaguetis.
Menestra de espaguetis.

Menestra de espaguetis

Un plato fácil y rápido de preparar y que mezcla alimentos muy nutritivos

Salmón envuelto

Salmón envuelto

Te mostramos cómo preparar este plato que nos ayuda a luchar contra el colesterol

La edil de Turismo, con empresarios participantes en el certamen.

Diecinueve negocios baioneses participan en el primer certamen local de tapas

Los clientes y un jurado elegirán hasta el 20 de mayo el mejor plato entre 49

Arroz con atún y espinacas.

Arroz con atún y espinacas

Existen en el mercado múltiples productos autodenominados arroz y, a veces, la realidad dista...

Melón con queso blanco.

Melón con queso blanco

Un postre exquisito, fácil de preparar y perfecto para los días de calor

Un menú bajo en calorías.

Comidas bajas en caloría

Te presentamos un delicioso menú, perfecto para empezar a preparar tu cuerpo para la 'Operación...

Síguenos en...

CANAL LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.
Fuente:
 
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya