O plenario da Real Academia Galega, unha cerimonia que terá como escenario o Teatro Principal e no que participarán o 17 de maio distintos académicos para lembrar a figura de María Victoria Moreno será o acto central do Mes da Lingua, un intenso programa de actos con presentacións, propostas musicais, cine etc.

O alcalde, Miguel Fernández Lores, o presidente da RAG, Víctor Freixanes e o concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentaron conxuntamente programación, que principiará o vindeiro xoves, día 26, coa presentación do documental adicado á escritora "María Victoria Moreno, galega por amor". Neste audiovisual producido polo Concello colaboran persoas que coñeceron á escritora, como Víctor Freixanes, o escritor e editor Manuel Bragado ou a académica pontevedresa Fina Casalderrey.

Ao día seguinte celebrarase a mediodía o acto inaugural da avenida María Victoria Moreno, como será rebautizada o vial adicado ata o momento ao exministro franquista Fernández Ladreda.

Neste cambio oficial de nome, que se producirá diante do edificio administrativo de Xunta, participará o presidente da Academia Galega e tomarán a palabra familiares de María Victoria.

O 1 de maio, segundo o programa que foi detallando Alberto Oubiña, no número 15 da avenida de Vigo no que residiu a escritora "descubrirase unha pequena placa", noutro acto de lembranza que dará paso o día 5 dese mes á presentación do libro de Montse Fajardo "O escalón de Ulises".

Os máis pequenos serán os grandes protagonistas da seguinte cita, o Correlingua, a carreira polo dereito a medrar en galego que chegará a Pontevedra o 8 de maio e no que participarán centros de nenos, alumnos de distintos centros da comarca.

Pola súa banda, a programación de Ben Veñas Maio chegará do 9 ao 12 de maio, cando se celebrará o certame musical e a entrega de premios.

O día 16, na véspera do Día das Letras, o Consello a Cultura celebrará en Afundación un concertó que significará a estrea da peza de Miguel Matamoro sobre un texto de María Victorira Moreno.

Xa no 17 de maio, ás 12.30 horas principiará o pleno extraordinario do Día das Letras Galegas. Vícctor Freixanes explicou que intervirán Xesús Alonso Montero, "que tivo unha relación intensa con María Victoria, da que foi profesora en Lugo, Marilar Aleixandre, moi vencellada á literatura infantil e xuvenil, unha das grandes vocacións de María Victoira como editora e autora, e Fina Casalderrey, outra persoa fundamental na biografía" da escritora, precisou o presidente da RAG.

A Junta de Extremadura, comunidade onde naceu a escritora homenaxeada, amosou interese en estar representada entre o público do plenario, no que tamén figurarán familiares.

Un ciclo de cine en colaboración co Cineclube, una recepción as asociación que participan neste programa cultural ou actividades cos Bolechas tamén figuran entre as previsións do Concello para festexar a vida e a obra da autora á que se adica este ano o Día das Letras.

Víctor Freixanes tamén se referiu a outros actos que desenvolverá a RAG coma o simposio adicado a María Victoria Moreno que terá lugar na Coruña, o Portal das Palabras, unha aportación ao ámbit educativo de material desde o que traballar cunha perspectiva pedagóxica e lúdica e que tamén adica unha especial atención á escritora.

Dela o presidente da RAG suliñou varias condicións, a primeira é a de profesora, a máis impotante da súa vida, pero tamén de de creadora de materiais par os máis novos e o feito de ser unha galega por amor, unha muller "que se incorpora a un país que é capz de seducir". Tamén incidiu na súa faceta de muller "que no é unha cuestión menor" xa que a Academia quere rachar co inxusto esquecemento ao que elas foron sometidas.