A asociación Queremos Galego Marín presenta hoxe o libro solidario "Elefantes de papel". Será ás 20.00 horas na Adega da Capeleira. "Elefantes de papel" é un libro composto por 52 relatos curtos escritos por María Salinas e Berto Pirata, con ilustracións de Humberto Ademar Farías Iglesias. Estes textos tratan distintas temáticas sociais como a pobreza, o papel dos avós na sociedade, o coidado da terra, os refuxiados xunto con outros temas como o amor, o humor, etc.

Con este libro os autores pretenden crear unha vaga de solidariedade cuxo primeiro paso é doar un euro por cada libro vendido á ONG Conrazones.

A maiores, en cada presentación os autores tamén doan outro euro por libro vendido á asociación que organice o acto ou a aquela ONG que esta decida. No caso da presentación en Marín, a Asociación Queremos Galego Marín destinará tamén a cantidade que lle pudese corresponder a Conrazones.

Este libro que tamén se publicará en breve en braille a través da ONCE presentarase en 52 actos, tantos como relatos, ao longo do país.