...    
Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Carlos Blanco: "Somos caldo, está no noso ADN e gústame a idea de encher de arrecendo os teatros"

O actor e o debuxante Luís Davila chegan mañá ó Pazo con "Menú de noite"

Carlos Blanco en "Menú de noite". Ó fondo, un debuxo de Luís Davila. // Gustavo Santos

A música de Budiño e Kepa Junquera completa "Menú de noite", un espectáculo que chegará mañá ao Pazo da Cultura e no que Carlos Blanco e Luís Davila volven coincidir prometendo gargalladas aseguradas e debuxadas.

- ¿Que propoñen neste espectáculo?

-Un pouco unha segunda volta a unha fórmula que callou moi ben, unha fórmula novidosa onde o humor gráfico se fusiona co humor verbal, oral. Claro, xa levamos máis de 50 funcións e dous anos de traballo por Galicia, tamén por Londres, Edimburgo ou Portugal e, claro, o espectáculo chega a Pontevedra no seu mellor momento, moi contratastado, moi disfrutado e con algunas novidades con respecto a anterior edición que estivemos ahí, con un monólogo diferente. En fin: o que propoñemos é hora e media de pura diversión.

- Desfilarán polo escenario, en primeiro lugar, as nosas bravas.

-Sempre, no outro espectáculo Dora era moi protagónica pero elas sempre están, de repente aparecen outras cousas como que fago unha disgresión sobre a actualidade, o separatismo e aparecen outros elementos. Neste caso propúxenme (e conseguino) facer caldo en directo, fago un caldo, un caldo un pouco especial que o público pode probar ó final, un caldo vexetariano. É unha cousa bastante insólita pero que me propuxen facela porque consideraba que o caldo é a base da nosa alimentación, sosteño que somos caldo, que está no noso ADN e gústamente a idea de encher de arrecendo os teatros por onde paso. E tamén bailamos e cantamos, Luís atrévese a botar unhas cantigas, a bailar claqué e a disfrutar, en realidade xogar co que temos.

- O que tamén teñen é unha estrutura técnica moi complexa.

-Si, que permite que Luís debuxe en tempo real a tamaño xigante. Para min e marabilloso dar a volta, ver o que está facendo Luís e darme conta de que levo un escenógrafo único, en directo, que levamos 5 anos traballando e complementámonos moi ben. Eu as veces espero cando non lle dá tempo a completar algún debuxo e el espera por mín se vou lento, pero xa nestes 5 anos que levamos traballando coñecémonos moi ben, eu sei o tempo que necesita para facer as cousas e él coñece tamén os meus monólogos, co cal o traballo vai bastante niquelado.

- Ó fío do que falou do separatismo: non falta quen di que para independentes nós, que fixemos fronte sós ao chapapote, aos incendios?

-Si, é que nós sempre fomos así: o galego nunca chorou senón que emigrou ou currou. Eu plantexo irónicamente a posibilidade de que nós cheguemos antes á independencia que os cataláns, e o público ri moito, é unha visión irónica do asunto. É realmente a única referencia á actualidade que fago pero paréceme necesario incluila aquí e de feito abro o espectáculo con ela.

- A todo esto: están vostedes moi elegantes de smóking.

-Si, si, a min parecíame necesario; xa no anterior espectáculo iamos moi elegantes, de saia escocesa, que é outro xeito de elegancia, pero desta volta eu tiña un smóking que usara para casar, así que compreille outro a Luís e decidimos ir guapos para que as nosas familias estean contentas.

- Ademais de presentar este espectáculo está nunha rodaxe. En paralelo xa está preparando otros proxectos artísticos?

-Si, estou preparando outro proxecto do que darei noticia no seu día; e simultáneamente estou rodando "Fariña". Levamos cinco meses e aínda me queda un máis, por outra banda estou coa promoción doutra película que esta fin de semana presentamos no Festival de Ourense? Pero, si, estou preparando outro espectáculo para a primavera do que teredes información no seu momento.

- Como está a ser a rodaxe de "Fariña"?

-É un luxo, estou rodando na casa, decíallo en broma así a algún amigo, que "pa chulo yo", veñen de Madrid a rodar aquí, pero o certo é que o equipo é prácticamente todo galego, de 126 actores 120 somos galegos, é un verdadeiro luxo, non tiña esa sensación dende fai moitos anos de rodar con tempo, con calma, con medios, un luxo e a semana que ven rodaremos o xuizo da nécora, así que ahí terei traballo, vou pasar a fin de semana chapando.

Compartir el artículo

stats