A II Xornada de onomástica galega desenvolveuse onte no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. Os relatores trataron cada unha das dimensión que abranguen os nomes e apelidos propios de Galicia e a súa evolución e deturpación.

Deste xeito, o programa impulsado pola Real Academia Galega e coordinado polas académicas correspondentes Ana Boullón e Luz Méndez detívose sobre os aspectos legais e os procedementos para restituir a forma estandarizada dun nome da man da avogada do Estado Consuelo Castro Rei. A propia Boullón e o profesor da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza abordaron a cuestión lingüística e Anxos Sobriño e Valentina formoso falaron de estratexias para a difusión social das formas estandarizadas.

Os guionistas Xosé Castro e Araceli Gonda cunha mesa redonda sobre os nomes propios na ficción.