A Xunta investiu nos traballos de mellora do camiño rural entre Pancieiros e Montillón en Campo Lameiro, case 19.000 euros a través do Plan Marco.

A obra consistiu na mellora do firme do camiño que une os lugares de Pancieiros, no concello de Campo Lameiro, co lugar de O Montillón, xa no concello veciño da Estrada. En total, se levou a cabo unha intervención ao longo de 565 metros, cun ancho de firme de cinco metros e unha supericie total de 2.870 metros cadrados.

Os traballos levados a cabo centráronse na roza das marxes do camiño, o bacheo do mesmo con pedra e rego asfáltico, a regulación e afirmado con dúas capas de aglomerado en quente.

O Plan Marco ten como "obxectivo ampliar, mellorar ou manter os camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso dos agricultores e gandeiros as súas parcelas".

En total, para a provincia de Pontevedra, o investimento destas subvencións ascendeu a algo máis de 3,9 millóns de euros durante o 2016. A nivel galego, este plan supuxo o ano pasado un investimento global de 20 millóns de euros para toda Galicia.