| A Praza de Pascual Veiga foi o escenario dos actos do Día das Letras. Así, Andarela representou "Espertar en galego" co obxectivo de dar a coñocer a riqueza semántica da lingua galega con verbas pouco utilizadas e compartir xiros lingüísticos propios do noso idioma. Despois dou comenzo unha lectura de textos de Casares. Tras a entrega dos premios literarios tivo lugar o concerto da Banda de Música de Sanxenxo e a actuación do grupo Onte e Hoxe.