A iniciativa "Xornalismo na Escola", posta en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social laCaixa para achegar os medios de comunicación aos máis novos, terá esta semana unha intensa actividade no IES Illa de Tambo de Marín con tres obradoiros o martes 26 e o xoves 27.

Obradoiros que recalan agora en Marín nunha semana excepcional de xornalismo. Así o programa desta semana intensa de obradoiros de xornalismo en Marín, que se desenvolverán hoxe entre as 11.30 e as 13.00 horas no Illa de Tambo, impartido por Víctor Sariego, e o xoves 27, tamén no IES Illa de Tambo, dende as 8.30 ata as 11.00 horas e de 11.30 a 13.00 horas, nesta ocasión impartido por Sara Martínez.