07 de febrero de 2017
07.02.2017

Seis obradoiros formarán aos mellores Youtubeir@s

Celebraranse a partir de mañá e están destinados á promoción da lingua galega na segunda rede social máis usada do mundo

07.02.2017 | 02:33
Juan Manuel Corbacho, Alberto Oubiña e Manuel Morquecho, onte na Casa das Campás. // Gustavo Santos

A Facultade de Ciencias Sociais, a Casa das Campás, o Centro Social Gorgullón, a Casa da Cultura de Lérez e os institutos Sánchez Cantón e Torrente Ballester acollerán os cursos de formación para a creación dos vídeos do concurso Youtubeir@s. O certame, a nivel galego, inclue premios económicos, dende os 500 ata os 1.000 euros.

Seis cursos formarán a partir de mañá mércores a todos os interesados en participar no concurso Youtubeir@s, unha iniciativa pensada para potenciar a presenza da lingua galega na internet. O Concello de Pontevedra é un dos 11 a nivel galego que participa neste proxecto, que tamén conta coa colaboración das tres universidades.

O concurso comezou en decembro, data dende a que os participantes xa comezaron a subir os seus vídeos a YouTube. Para aqueles menos hábiles coas novas tecnoloxías se ofertan agora estes cursos, que están abertos a maiores de 14 anos e que se ofrecen tanto ao público en xeral como a alumnado dos institutos de ensinanza secundaria.

"O obxectivo prioritario é encher a rede de vídeos en galego. Facelo dun xeito dinámico e entretido, proporcionándolle máis valor á lingua en todos os niveis: aprendendo a facer manualidades, proporcionando puntos de vista sobre temas, axudando con titoriais?", subliñou o concelleiro Alberto Oubiña, que onte estivo acompañado polo responsable da Área de Extensión Cultural do campus, Manuel Morquecho.

Para os mellores vídeos haberá interesantes premios con contía económica. As dúas categorías "vídeo-facermos" e "vídeo-opinarmos" suporán 1.000 euros cada unha para os gañadores. Así mesmo, hai catro mencións honoríficas, de 500 euros cada unha. As bases do concurso pódense consultar na páxina web www.youtubeiras.gal.

Os obradoiros teñen 20 prazas cada un e dúas sesións. Na primeira abordaranse os consellos básicos para sacar o maior partido aos dispositivos cos que se vai a gravar, mentres que a segunda centrarase na edición do material e a súa subida a YouTube. Celebraranse entre o 8 e o 15 de febreiro na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e na Casa das Campás. Ademáis, no Centro Social Gorgullón terá lugar un curso do 13 ao 20 de marzo, mentres que na Casa da Cultura de Lerez, o 30 de marzo.

No que respecta aos estudantes de instituto, un obradoiro terá lugar entre o 15 e o 22 de febreiro no IES Sánchez Cantón e outro entre o 16 e o 23 de febreiro no IES Torrente Ballester.

O prazo para presentar vídeos a Youtubeir@s remata o 28 de abril. Cada peza debe ter unha duración máxima de 5 minutos, estar producida en galego e estar dispoñible na rede social YouTube, a segunda redes social máis empregada no mundo despois do Facebook, superando os mil millóns de usuarios.

Youtubeir@s é unha iniciativa dos servizos de normalización lingüística de varios concellos, entre eles o de Pontevedra.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Deportes Pontevedra

Alicante para olvidar el mal de Huesca

Alicante para olvidar el mal de Huesca

El Teucro se mide al Agustinos valenciano en la segunda ronda de Copa a único partido

El remozado campo de A Xunqueira contará con oficinas para los clubes

El remozado campo de A Xunqueira contará con oficinas para los clubes

El proyecto pretende ampliar y dar nuevo uso a la cafetería

De vuelta a las andadas en defensa

De vuelta a las andadas en defensa

Después de tres semanas de un gran trabajo defensivo, el Pontevedra volvió a pecar de una...

Fin al año de las bodas de brillantes

Fin al año de las bodas de brillantes

La entidad pontevedresa cumplió ayer su 76 cumpleaños

El Teucro se centra en la Copa para olvidar la última derrota

El Teucro se centra en la Copa para olvidar la última derrota

Los azules juegan mañana en Alicante a las 18 horas

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine