A escritora e xornalista compostelá María Solar presentará o seu último libro, "As horas roubadas", neste Venres do Ateneo de hoxe, a partir das 20.00 horas, con entrada libre. Publicada por Xerais en galego, e dispoñible tamén en castelán no selo Grijalbo, trátase dunha novela coral ambientada na España do ano 1979 e que transcorre ao longo da vida de tres xeracións.

Canda ela, nesta presentación de "As horas roubadas" -que conta coa colaboración do Concello de Marín- participarán a escritora e xornalista Elena Gallego, que será a condutora da velada literaria, e o actor da serie Serramoura da TVG, Miguel Blanco, que dará lectura a varios fragmentos do libro.