A Asociación Cultural Almuinha celebrará o vindeiro venres 28 de outubro a presentación en Marín da novela de Manuel Gago "O anxo negro". O acto celebrarase no Museo Manuel Torres a partir das 20.30 horas e intervirá o autor do libro.

Esta será a segunda vez que Almuinha conta coa presenza de Manuel Gago. A anterior foi aló por novembro do 2010, cando baixo o título "República de homes libres: na procura dos Lordomani" abordou o tema dos normandos e da súa presenza en Galiza.

Manuel Gago Mariño (Ribeira, 1976) é director de culturagalega.org, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega.