Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Luis Rei: "Intento presentar un Castelao entre o ben e o mal, como todos circulamos pola vida"

O escritor novela un difícil encargo do galeguista: vingar a morte de Alexandre Bóveda

Asistentes á presentación de "O encargo do señor Castelao". // S.A.

Castelao deixa en Pontevedra os mellores anos da súa vida. Tamén o fillo morto con apenas 15 anos dunha peritonite e ó compañeiro Bóveda, fusilado na Caeira. Logo viñeron tempos, relata a nova novela de Luis Rei, que inclúen o seu paso por un ministerio sen cargo do Goberno da República no exilio "e mais o reencontró casual con José Gómez Gayoso, o militante comunista ao que poderá recorrer cando a dor do fracaso o leve a facer un encargo que o desacouga: por que non vingar o martirio do seu mellor amigo da Pontevedra onde creron que os soños ían ser posibles?"

-"O encargo do señor Castelao" é a súa volta á novela?

-Desde Monte Louro, que era unha novela de longo alento coa que recibín o Premio Blanco Amor, publiquei un libro de narrativa que era unha viaxe de sete xornadas pola Costa da Morte, e un libro de relatos, tamén narrativa pero relato, así que esto é efectivamente a volta, o regreso á novela.

-Séntese especialmente cómodo neste xénero?

-Sempre me sinto moi a gusto neste xénero porque necesita de esforzó, dedicación e constancia pero tamén ofrece moitas cousas gratificantes ós escritores, xa desde o propio proceso de documentación para arrancar un bo día coa primeira frase do libro.

-E casual que coincida a presentación co aniversario da chegada de Castelao a Pontevedra?

-Non ten que ver, en realidade é un traballo que se iniciou antes e é unha circunstancia feliz en certa maneira que coincida a aparición do libro con que en Pontevedra esteamos celebrando o centenario da chegada de Castelao e Virxinia á cidade, pero so é unha coincidencia, realmente eu teño unha especie de obsesión (sorrí) como autor pola historia, pola memoria, non a historia que se remonte a séculos e épocas moi pasadas senón aquela que está na raíz do noso tempo e ese compromiso co rescate da memoria inclúe a revisión e o rescate de figuras que tiveron influencia, maior ou menor, nos acontecementos históricos principais. Fixen algo similar con Urbano Lugrís novelando a súa peripecia vital, e con outro rianxeiro, Rafael Dieste, a través doutra biografía máis canónica, e agora volvín á novela, volvín ó rescate da memoria a un persoaxe real, que é un dos dous protagonistas do libro.

-Que Castelao presenta na novela?

-Intento presentar un Castelao entre o ben e o mal, como todos circulamos pola vida, tódalas persoas.

-Por que esta persoaxe?

-Castelao é unha figura con moita bibliografía detrás, activa porque él reflexionou moito sobre o tempo que lle tocou vivir, pero tamén pasiva porque hai moitos estudosos que lle adicaron teses, libros, mesmo biografías. A min pareceme que admitía unha lectura doutro tipo a súa traxectoria e ten moitos atractivos porque era un home que destacou no campo artístico, no literario e no político, pero tamén viviu no ollo do furacán da historia dos tempos que lle tocou vivir. Castelao está en Galicia cando o soño colectivo de moitos da súa xeración era loitar polo autogoberno e eso traducíase no Estatuto de Autonomía, está no tempo da República cun compromiso mitante con ela e co galleguismo que o leva a entender que para Galicia non había outra saída que un acordo coas esquerdas, porque coa dereita era imposible, eso fai que se comprometan coa Frente Popular él e outros compañeiros do Partido Galeguista coma Alexandre Bóveda, e a sorte da República e dese compromiso lévao a ó exilio, un que ten tempos en Moscova, Nova Iorque, La Habana, Bos Aires, en París, estivo no cerne mesmo da historia do século XX mentras estaban sucedendo cousas que marcaron á humanidade durante décadas. Nese sentido o contexto permite reflexionar sobre o tempo, sobre as raíces do presente, e tamén facelo desde unha óptica galega, que é coa que esa figura viu os acontecementos que lle tocou vivir e en moitos casos tamén padecer.

-Estamos moi desconectados da memoria?

-Si, creo que é o gran tema. Para nós os galegos e para todos os españois o gran tema que aínda está buscando acomodo na conciencia colectiva é a Guerra Civil, porque é o que marcou non só a unhas xeracións que lle tocou combater durante os tres anos da guerra senón que marcou tamén a varias xeracións posteriores porque a fin da guerra non foi a paz en España senón que foi a victoria, e eso levou a que houbese centos de miles de derrotados, que foron tratados como derrotados durante décadas. E eso está reclamando constantemente unha revisión para situar as cousas o mais neutralmente posible, é un dos grandes temas para nós e dende logo para os escritores porque escribir é recordar, sempre traballar coa memoria, e a parte da memoria que está máis desordenada nas nosas conciencias é a Guerra Civil, o que representou e logo o franquismo, estamos constantemente, sempre, axustando contas con noso pasado porque somos fillos del e padecemos as súas consecuencias: este libro coincide co centenario da chegada de Castelao a Pontevedra e tamén cos 80 anos do estoupido da Guerra Civil, que se cumplen esta fin de semana.

Compartir el artículo

stats