Unha lingua de futuro para un maio cheo de creatividade

Once centros de Secundaria participan na nova edición do concurso Ben Veñas, Maio, que conta con centros de participantes

10.02.2016 | 02:41
Manuel Lourenzo, coordinador de Ben Veñas, Maio 2016, e o concelleiro Alberte Oubiña. // Rafa Vázquez

Fomentar a creatividade dos nosos adolescentes e o uso habitual da lingua galega entre os máis novos é o doble obxectivo do Ben Veñas, Maio, un programa que poñen en marcha os equipos de Normalizacinín Lingüistica dos centros de Secundaria e que conta con ducias de participantes. Haberá concursos de fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía, teatro e música coa idea de que todos os rapaces podan explorar a súa vena creativa e cada un poderá presentar cantas obras queira. O veredicto do xurado coñecerase ao remate do certamen musical que se celebrará o 7 de maio.

Os once centros de Secundaria de Pontevedra, a través dos equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de cada un, participan no certame Ben Veñas Maio, unha invitación a que os máis novos desenvolvan a súa creatividade en diferentes áreas de expresión artística.

Manuel Lourenzo Sobral, profesor do IES Luís Seoane, coordina esta edición do Ben Veñas e acompañou onte ó concelleiro Alberte Oubiña na presentación do certame, que incluirá modalidades de fotografía, banda deseñada, narración curta, poesía, teatro e música.

Trátase do mesmo esquema de anteriores edicións (se ben a organización pensa en incorporar novidades en vindeiros anos), unha fórmula que "funciona ben", lembrou o coordinador do certame, e cuxo espíritu se busca preservar mantendoo sen apenas modificacións. "So basta ver a acollida", destacou o profesor, "para comprobar que este é o camiño que se debe seguir".

De feito, ó certamen sumanse cada ano ducias de rapaces: na Semana Teatral o habitual é a participación de "entre 8 e 10 grupos", suliñou a misma fonte, e ducias de obras narrativas compiten no certame de relato. No caso da música, na pasada edición déronse cita doce grupos.

O concelleiro incidiu en que o galego é unha lingua útil "que ten futuro" e "hai que sacala das aulas", evitar que reduza ós espacios académicos, "e mediante este tipo de concursos incentívase a creatividade e tamén se contribúe a que o galego esté presente entre os máis novos", engadiu.

Segundo marcan as bases, poderán participar nos concursos o alumnado matriculado nos institutos públicos do Concello de Pontevedra e cada estudante ten a opción de presentar cantas obras queira, se ben en cada categoría non se concederá máis dun premio á mesma persoa.

"O alumnado participante", lembra a organización, "non fará figurar o seu nome nas obras. Xunto con estas, entregarase un sobre pechado que conterá os datos persoais: nome, idade, enderezo, teléfono, curso e instituto no que estuda e copia do DNI. No exterior figurará o título da obra a carón do pseudónimo do autor ou autora, a modalidade á que se presenta e, se é o caso, a categoría na que participa. As persoas que resulten premiadas deberán achegar, unha vez coñecido o veredicto, unha certificación bancaria na que estean autorizados os menores".

O xurado que cualificará os traballos será designado pola comisión organizadora e só a el corresponde a interpretación das bases. Asemade, o seu veredicto será inapelable.

Os traballos entregaránselles aos membros dos equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega dos institutos e o prazo de admisión rematará o vindiero 15 de abril.

Ademais dos premios establecidos (en cada modalidade hay ó menos dous premios e distintas categorías por idades) o xurado poderá outorgar os accésits que considere portunos e que consistirán nun lote de libros.

Pola súa banda, o anuncio do veredicto do xurado e a entrega de premios realizaranse ao remate do certame musical Ben veñas, maio do sábado 7 de maio.

A organización felicitouse onte especialmente pola capacidade de convocatoria do certame "cunha presenza importante de obras de tódalas disciplinas", de xeito que se abre "a todos e eimplica a todos os alumnos, cada un ten unha inquietude ou unha vena creativa" que pode explotar no Ben Veñas, Maio e coa que pode contribuir a seguir enchendo de futuro a nosa lingua.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine