O mes de abril está dedicado á imaxinación nos colexios de Pontevedra. Unha actividade promovida pola Concellería de Educación está destinada a promover a comprensión lectora na nosa lingua e a desenvolver o talento para contar e ilustrar historias.

Máis de 1.200 alumnos do tramo de Educación Infantil nos colexios de Verducido, Parada (Campañó), Froébel, Álvarez Limeses, Santo André de Xeve, Crespo Rivas, Vilaverde (Mourente), Barcelos, Manuel Vidal Portela, Xunqueira 1, Xunqueira 2, San Martiño (Salcedo), San Bieito de Lérez e Pontesampaio están a participar nesta iniciativa.

O obradoiro, que leva por título "Contos Ilustrados", está baseado nos libros da colección Polo Correo do Vento. O autor, Carlos Taboada (Mau), e o debuxante, Enrique Mauricio (Pin), foron os encargados de desenvolvelo.

A actividade comeza cun contacontos que relata unha historia, mentres o ilustrador vai realizando unha representación gráfica mural do que se está a contar. Ao remate celébrase un obradoiro de ilustración.