EN DIRECTO

A plataforma "Queremos Galego" preséntase en Pontevedra co apoio de máis de 50 entidades comarcais

Xosé Abilleira e Kiko da Silva son as súas cabezas visibles

 01:49  

VÍCTOR MÉNDEZ - PONTEVEDRA A plataforma cidadá "Queremos Galego" fixo a súa presentación na mañá de onte no local social da federación Castelao, en Pontevedra. Kiko da Silva, o seu voceiro, anunciou que máis de 50 entidades locais e comarcais da cidade e do seu entorno xa están apoiando esta nova iniciativa. A intención dos seus impulsores é captar adeptos en tódolos sectores, independientemente da ideoloxía. Así o explicou Xosé Abilleira, un dos coordinadores na cidade do Lérez. "Vimos que había moita xente na última manifestación, e por iso pensamos nunha plataforma plural".
Xosé Rey, que estivo presente en representación da sección autonómica da plataforma, atacou o modus operandi de Galicia Bilingüe. "Galicia Bilingüe quere unha sociedade partida e diferenciada. O galego está a desaparecer e o castelán estase impoñendo. Non hai un problema co castelán, o problema é que non se está apoiando ó galego".
Da Silva, pola súa banda, explicou o "carácter social" da plataforma. "É unha tarefa común, defendelo como futuro, como vida, non como un fósil. O idioma está en perigo, devaluado. A situación preocúpanos moito dende a chegada de Alberto Núñez Feijóo, por que ata agora íamos tirando, con máis ou menos avances, pero agora se dan agresións no propio entramado xurídico".
Rey incideu en que "o máis urxente é frear a caída do galego, e despois meternos no Plan de Normalización Lingüística, que xa está aprobado".
Os responsables da idea aseguraron que máis de 50 entidades xa están detrás da delegación en Pontevedra (58, en concreto) e que outras moitas o farán nos próximos días.
"O caso de Castelao, que o someterá a votación, o teñen outros moitos, pero estamos seguros de que seremos máis", declararon.
O primeiro acto de grandes dimensións será a manifestación do 18 de outubro en Compostela, pero a delegación pontevedresa ten previsto algunha intervención nos días previos.
O carácter participativo pode ser tamén a título individual, no correo electrónico queremosgalegopontevedra@gmail.com.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
¿Qué piensa hacer hoy? ¿Tiene algún plan para el fin de semana? Consulte todos los eventos culturales en nuestra agenda... más »
Le ofrecemos un espacio propio para hablar de lo que más le guste. Cree un blog en el espacio que Faro de Vigo pone a su disposición... más »
Contemple la Ría de Vigo en directo desde la cámara situada en la sede de Faro de Vigo, situada en Chapela... más »
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya