Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Rosalía voltou na voz dos nenos

Versos e poemas musicados no 179 aniversario do nacemento da escritora

Choveu en Ourense e a choiva fixo esmorecer o sol, no día no que se cumprían os 179 anos do nacemento da xa inmortal Rosalía de Castro. Pero ducias de nenos de colexios da cidade, fixeron posible que nin o tempo ni a auga solagaran a beleza da súa voz creadora, nin o seu compromiso agachado detrás de cada verso.

Haz clic para ver la galería

O salón de plenos do Concello do Ourense foi o lugar elexido para un dos actos conmemorativos de lembranza a Rosalía, no día feliz do seu nacemento, cun acto poético e musical protagonizado por nenos de diversos centros escolares da cidade, que estivo organizado pola Concellería da Cultura e Educación do Concello Ourense.

Os seus poemas, onte musicados e cantados o ritmo do saxofón ou da guitarra, tomaron onte de maneira pacífica os escanos que antes ocupaban os políticos, para cantarlle a paisaxe e o paisanaxe galegos; versos ainda tan actuais 179 anos despois, que falan da emigración ou da morriña daqueles que teñen e tiveron que partir pola forza. Jesús Vázquez, e a concelleira de Educación e Cultura, Belén Iglesias aplaudiron onte a actuación dos cativos.

A choiva obrigou a suspender o acto conmemorativo previsto moi perto do Miño, ise río rosaliano, xusto na pasarela peatonal que atravesa as dúas ribeiras. Pero non impediu que os versos soaran en varios escearios da cidade, como o do Concello con temas como Habana, adiós ríos, adiós fontes e Alborada.

Compartir el artículo

stats