Máis de 1.200 escolares con idades comprendidas entre os 5 e os 8 anos subirán nas vindeiras semanas o Tren Caixanova, que fixo onte a súa viaxe inaugural desde a Estación Empalme de Ourense rumbo a Monforte nunha experiencia lúdica que pretende que os nenos non perdan o tren da lingua e fomentar o uso cotiá do galego, unha ave en perigo de extinción en Galicia.

Na súa primeira viaxe os participantes contaron coa compaña da concelleira de Educación, Ana Garrido, e do escritor Delfín Caseiro, quen contou historias na viaxe, así como de paiasos, contacontos e grupos de animación dispostos a incentivar o uso do galego entre os cativos.

Os animadores deron a coñecer ademáis a historia do tren en Galicia, así como as súas vantaxes como transporte público.

Desde onte e ata o próximo xuño, inclusives, Caixanova organiza 53 viaxes en ferrocarril entre as principais cidades galegas. En cada unha delas os nenos irán acompañados por escritores en lingua galega.

Os primeros 200 alumnos que asistiron a viaxe inaugural viñan dos colegios Antonio Failde, Sagrado Corazón, colegio de Prácticas da Escola Universitaria de Formación Profesional, así como os colegios Divino Mestre, Punxín e Virxe de Guadalupe.

O proxecto trata de que “os nenos descubran o pracer de viaxar en tren, coñezan Galicia a través das súas fiestras e que se acheguen á cultura e o idioma galego dunha forma activa e visual”, indica Caixanova, cuyo director de Relacións, Amadeo Rodríguez, viaxou tamén onte neste tren da lingua.