Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Dalila Dopazo: "O gran atranco é que carecemos dun programa informático en galego"

"A Xunta alega que o que hai está cedido polo Ministerio de Xustiza"

Monolito donde se va colocar la placa, al lado del juzgado. // S.A.

A agora maxistrada de Lugo Dalila Dopazo dictou en 2004 a primeira sentenza en galego nun xulgado de Cangas. Aínda non existía o número 3 e para ela a praza de Cangas era o seu primeiro destiño. Apenas estivo 6 meses de xuiza na vila antes de desprazarse a Vigo e máis tarde a Lugo, onde exerce no xulgado do Social de maxistrada. Dalila Dopazo estará presente mañán nun acto nos xulgados de Cangas onde se descubrirá unha placa que lembrará aquel acontecemento. Con ela estará Alejandro Couselo, hoxe no xulgado do social número 5 de Vigo, pero que estivo durante anos en Cangas, de onde marchou despois de ser o decano da plaza. Alejando Couselo foi quen continuou a laboura de Dalila Dopazo de dictar sentenzas en galego.

-Que recorda de aquel acontecemento?

-Pois a verdade é que moi pouco. Sei que era o meu primeiro destino. Non fun conciente, ata máis tarde, que dictaba por primeira vez en Cangas unha sentenza en galego. Non me acorda moi ben nin o ano. Creo que foi no 2004. Pero é curioso que fose a primeira sentenza que se dictaba en galego en Cangas, terra que destaca por a utilización do idioma gallego.

-Lémbrase do contido da sentenza xudicial?

-Non exactamente, pero creo que tiña relación con algún tema de servidume de paso.

-Cal foi a reacción de compañeiros, avogados e traballadores cando saiu a sentenza en galego?

- Supoño que debeu ser un pouco peculiar, pero na provincia de Pontevedra xa se dictara outras, como no xulgado de Pontevedra, que foi a primeira. Tamén había maxistrados na Audiencia de Pontevedra, como Luciano Varela que empregaban tamén o galego no seus actos xurídicos. Era algo excepcional, pero xa existía.

-Cal é a principal dificultade que entraña o uso do galego nas sentenzas?

-A falta de ferramentas axeitadas. Temos un programa informático que está exclusivamente en castelán, así que estamos sempre cortando, pegando e traducindo. Xa falamos coa Xunta, pero nos di que é un programa cedido polo Ministerio de Xustiza e que non se pode modificar. Sen embargo, o ministerio di que está cedido, que os dereitos os ten a Xunta e que se quere pode pasalo ao galego. Cataluña e País Vasco teñen un programa informático propio. Nós somos unha peculiaridade dentro do estado.

-A día de hoxe sigue sendo algo excepcional?

-Non hai datos estadísticos, no se realiza ningún tipo de avaliación neste sentido. Eu traballei en Cataluña e sí se fai unha avaliación. Hubo unha a final do goberno bipartito da Xunta de Galilcia, na que se reflectía que as porcentaxes de sentenzas en galego oscilaba entre un 3,5% e un 5%.

-Ademais da falta de ferramentas, que outros obstáculos teñen?

-A actual situación sociolingüística. A administración non elimina atrancos para garantir a igualdade das linguas.

Compartir el artículo

stats