Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Guadi Galego presentará o seu novo traballo nas Festa do Cristo

O edil Héitor Mera anuncia que se duplicará o número de orquestas respecto ao ano pasado

Guadi Galego, nun concerto en Arousa. // Iñaki Abella

A artista Guadi Galego estará no cartel das Festa do Cristo de Cangas para presentar o seu último traballo, "Lúas de outubro e agosto", co que está a acadar parabéns de crítica e público. A súa traxectoria musical é moi intensa e rica, segundo destaca o concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística, Héitor Mera, pois foi a voz principal e gaiteira do grupo Berrogüetto, e formou parte como intérprete e compositora dos proxectos colectivos Nordestinas, Espido e aCadaCanto.

Guadi Galego preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tamén máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada, apunta a crítica, que descubre en "Lúas de outubro e agosto" fermosas cancións cun nexo común, a natureza das composicións, la esencia de lo vivido y madurado, a emoción e ea intensidade, a delicadeza e o risco. Mera tamén anunciou que este ano haberá cinco orquestras nas verbenas nocturnas, despois de facer autocrítica con respecto á programación da pasada edición.

Compartir el artículo

stats