Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Leticia Santos Paz: "Estamos encantados de que se vexa ó noso grupo municipal como referencia dentro do BNG "

Mañá cumpre un ano na Alcaldía de Moaña, satisfeita por implantar un cambio no Concello, polo seu equipo e os plans

Leticia Santos, onte na súa casa en Meira. // Santos Álvarez

Non cree que este ano ó fronte da Alcaldía de Moaña fíxolle moderar o seu discurso, o dunha muller que entre as primeiras cousas que fixo ó chegar a Alcaldía foi cambiar o cadro dos Reis de España polo de Castelao no seu despacho. Din que non ten xenio, que ten carácter e que nunca ocultará este rasgo seu. Leticia Santos pasou en xuño de 2015 a ser a primeira muller en ocupar a Alcaldía de Moaña, e unha das alcaldesas máis xóvenes. Neste ano viviu o conflito pola construción do paseo marítimo de Seara e recoñece que hai sucesos que lles afectaron como personas, pero fai un balance de cousas máis positivas que negativas. Onte abriu a súa casa para mostrar algo máis da súa imaxe dunha muller que está horas no Concello. Fora gústalle chegar a súa vivenda, sentarse no sofá e ver unha película do videoclube.

-Como pasou este ano para ustede?

-Moi rápido. Adoitame pasar cando estou ocupada e involucrada nos proxectos que se me pasa o tempo moi rápido.

-Que destacaría de positivo e negativo destos meses?

-Fundamentalmente saco todo positivo porque realmente cando decidimos presentarnos ás eleccións apostábamos por un cambio de goberno no Concello e conseguimos empezar a implantalo. Desde logo que é o primeiro ano e temos moito traballo por diante. Somos un equipo novo con moitos plans para continuar cumprindo co proxecto co que decidimos chegar a este pacto de goberno. De negativo non teño nada. Sí que é certo que vivimos momentos difíciles por sucesos alleos ao Concello, pero que nos afecta como personas. E a única cousa negativa que podería destacar. E moi gratificante cando consigues resolver problemas dos veciños.

-Cantas horas lle atrapa o Concello?

-Unha parte moi importante do día, entre a xestión que se realiza durante a mañá;despois, pola tarde, o tempo que temos para preparar proxectos e seguir tratando a líña de goberno e, sobre todo, a atención aos colectivos e veciños. As labores de representación requiren tamén un tempo importante.

-Parece que ustede está chamada a cubrir unha das vacantes que quedan no BNG neste proceso de renovación que vive a formación nacionalista. Como ve a situación?

-Creo que o BNG debe reforzarse con personas novas, que teñen proxecto e o demostran gobernando para as personas. Si eso vale para esa afirmación de que estamos chamados a cubrir certos baleiros, nós como grupo municipal do BNG estamos encantandos de que se nos vexa coma unha referencia. Eso quere dicir que o noso traballo está sendo refrendado pola propia organización.

-Coincide o seu primeiro aniversario como alcaldesa coa campaña das eleccións xerais e xa a vimos nun papel destacado no acto central da noite de pegada de carteis en Bueu, xunto a Ana Pontón e Luis Bará. Como ve esas eleccións?

-É un bo momento para ter unha segunda oportunidade. O BNG o toma así, como unha segunda oportunidade de volver a chegar á xente, de explicarnos mellor. Na campaña de decembro tivemos moitas eivas. O BNG de Moaña está representado cando se fan actos comarcais porque é un referente, igual co resto dos grupos municipais dos outros compañeiros. A presenza tamén se debe a que temos a Alcaldía de Moaña. Dos cinco concellos de O Morrazo, temos duas alcaldías e duas tenencias de alcaldía. O Morrazo é un referente para o BNG e isto que funciona aquí pode ser un modelo que funcione a nivel nacional. O traballo do BNG é un carné de referencia, donde o BNG está, está a xente galega representada.

-Ha moderado o seu discurso neste ano? Ustede é unha persona de xenio, polo menos ten fama.

-Non e que teña xenio, teño carácter, que é distinto. Cando teño que dicir as cousas intento buscar as maneiras máis acertadas, e como todo o mundo nos podemos equivocar. Pero intento a maneira máis axeitada,. O meu carácter non se pode ocultar, nin pretendo, e un símbolo da miña identidade e os veciños de Moaña me deron a súa confianza, tamén os meus compañeiros de goberno para estar na alcaldía. Intentar ocultar rasgos da miña personalidade non teñe sentido, sí teño un carácter importante.

-Paseo de Seara...

-Diga. Que quere que lle diga.

-Futuro. Acabaranse as obras iniciadas na anterior lexislatura do PP e sen enfrontamentos?

-O futuro do paseo de Seara pasa pola autorización de Costas para permitirlo, cuestión que non estaba resolta. Quedou máis que demostrada a postura do goberno cando insistiamos que sen os permisos, ese paseo non se tiña que haber empezado, faltaban as autorizacións da única administración competente na zona, que é Costas do Estado. Temos que buscar alternativas, intentar terminar o paseo pero con total legalidade, non vamos incurrir nos mesmos erros que incurriu o goberno anterior e polos cales lles criticamos abertamente. O Concello solicitou a Costas en novembro a reversión da concesión das carpinterías de ribeira da zona así como unha pasarela que permitise salvagardar a fachada do asteleiro de Casqueiro. Era unha opción ou outra; a intención era que a obra non se chegara a parar. Nós tamén queremos un paseo por beiramar que cumpra coa legalidade.

-Como están nestes momentos as xestións?

-O Concello fixo as xestións ante Costas para solicitar os permisos necesarios para non ter que paralizar a obra e estamos a espera da contestación da xefa provincial de Costas para a pasarela. Entendemos que a caducidade da concesión dos asteleiros é unha competencia absolutamente deles e ten outros tempos.

-De todos os contactos políticos que tivo neste ano, quen lle sorprendeu máis?

-Mantiven xuntanzas, sobre todo na área metropolitana e tamén na Xunta.Pero si teño que quedarme con algunha que me sorprendera pola súa calidez humana e valía, teño que decir que é Carmela Silva. Estou contenta que sexa a presidenta da Diputación.

-Que lle gusta facer a Leticia Santos no seu tempo de ocio?

-Non teño moito tempo de ocio; o que teño o dedico á miña familia, á miña parella e os meus amigos. Me gusta coller pelis no videoclube, somos moi afecionados a ver cine na casa. Temos un equipo de son e imaxe bó porque nos encanta o cine.

-Una quiniela para o 26-J?

-Non sei. Estoy moi centrada no Concello para visibilizar o proxecto do BNG. O único que resultado que me vale e estar tranquila que estamos facendo ben as cousas e conseguindo que a vida das personas para as que traballamos, mellora.

Compartir el artículo

stats