Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Antón Lamapereira: "Que unha revista chegue a esta idade non é capricho, é unha necesidade"

Destaca que a independencia da publicación sempre foi incómoda para o poder

Lamapereira, co último número da revista, onte, na súa casa. // G.N.

Natural de Monfote de Lemos (Lugo, 1945), é licenciado en Filosofía e Letras pola Universiade de Salamanca e foi profesor desta asinatura no Ensino Secundario nos IES Rodeira e María Soliño en Cangas até a súa xubilación fai dez anos. A ilusión de Antón Lamapereira pola escena mantén viva a Revista Galega do Teatro (RGT) 33 anos despois do seu nacemento e que dirixe dende a súa residencia no Morrazo. Foi membro fundador da Escola Dramática Galega, cofundador da Aula de Teatro de la Escola de Maxisterio de Pontevedra, participou na creación da Escola de Expresión Dramática Kalandraka e na compañía Teatro de Ningures; foi coordinador de teatro na Universidade Laboral de A Coruña, director de montaxes de teatro afecionado y escolar, autor de libros e artículos e tamén foi concellal en Cangas.

-Que supón este premio?

-Aparte de estar agradecido, sempre da moitos folgos sobre todo cando veñe de xente da profesión e ademais é colectivo a todo o equipo de redacción. A revista e posible porque hai un equipo detrás aparte de moitísimas colaboracións que se buscan.

-Como fixeron para manter a revista 33 anos?

-A verdade e que unha revista de teatro chegue neste país a o número 85 é heroico. Hai que ter fe, estar ilusionado co proxecto e se te atopas cun grupo de xente disposto a seguir adiante nesa aventura pois e moito mais fácil. Coa convición de que vale a pena, é necesario...vanse sorteando as dificultades, sobre todo de supervivencia económica. Ao principio era ir buscando as axudas puntuais no Concello de Vigo, incluso Ningures colaboró na edición. Xa despois contactamos, polo número 12-14, coa Consellería de Cultura a través do Igaem e recordo que o presidente Xosé Manuel Iglesias dixo: "Isto e moi importante! A partir de ahí iniciamos un convenio e permitiu pasar a unha perioricidade trimestral porque antes saía unha ou dous veces ó ano.

-Ese convenio desapareceu.

-En 2010. Estivemos na etapa de que non víamos posibilidades de manter a perioricidade trimestral. Era un retroceso pero fumos buscando, restrinximos a tiraxe de 500 a 250, intensificamos a publicidade, as subscricións. Neste momento conseguimos que a Diputación de Pontevedra nos garantizou o apoio para os números de 2016. É un respiro; non imos baixar a garda pero non estamos afogados e da respiro para profundizar noutras fontes de financiación. O premio tamén pode ser un guiño para que a Administración repense a situación. Que unha revista chegue a esta idade non é un capricho, é unha necesidade.

-Por que acabou o convenio?

-A crise serviu para tantas desculpas...! Creo que tamén hai unha cuestión importante e que a independencia sempre resulta incómoda ao poder. A independencia é unha das cualidades da revista, tanto a nivel político como de estar supeditados a algunha compañía ou a un festival. Eso se paga. É importante aproveitar este premio para dar un toque de atención a xente que para manter a independencia de algo ten que haber apoio das persoas interesadas. Se queres que o teatro sobreviva é importante que teña apoio institucional pero tamén que o público vaia. É importante que a Administración colabore pero o importante, importante é que a revista se venda nas librarías, que neste momento distribuye Galaxia, e teña subscritores. Con 300 ou 400 estaba garantizada a continuidade. Agora nos movemos sobre 100 subscritores. É unha subscriciópn pequena de 20 euros ao ano.

-Chega a revista ó extranxeiro?

-Houbo un momento, de maior colaboración ca institución que por medio de Normalización Lingüística se mandaba ós centros nos que o galego estaba como asinatura.Temos cartas que decían que lles foi útil traballar coa revista co alumnado. Mantíñamos intercambios con revistas extranxeiras francesas, italianas...Foi unha pena que non se continuara pero, claro, necesita un apoio institucional. Pedíamos ao Instituto de Teatro de Barcelona que nos enviara unha relación de todas as revistas de teatro no mundo. O pasamos á consellería e se iniciou un intercambio entre a Revista Galega de teatro e esas publicacións que serviría para crear unha hemeroteca de teatro en Galicia. pero ahí quedou. Na Biblioteca de Galicia habería un fondo teatral de revistas de Latinoamérica, de Francia, de Italia etc... Foi algo que se iniciou pero ó poco tempo se frustou.

-Ese fondo, aínda que pequeno, existe na Biblioteca de Galicia?

-Non sé como está. Houbo un centro de documental teatral, asinado ó IGAE, (despois AGADIC) que se pechou cando chegou o bipartito. Intentamos pedir información fai ano e medio ao secretario xeral de Cultura. Non é caro recuperar o centro de documentación teatral e retomar a iniciativa que está desaparecida ou en invernación.

-Como xorde a Revista?

-Eu estaba na Escola Dramática Galega que era una cooperativa, un grupo independiente que cubría diferentes campos, montaba espectáculos, organizaba cursos, editaba os cardenos e tiña un equipo de investigación, no que estaba Xan Guisán, do que aprendín moitísimo, que ía polas festas, entroidos recollendo textos. Cando vin para Vigo como profesor formulé a posibilidade de editar algo mais puntual que os cadernos, informando dos grupos de teatro, con entrevistas. Naceu o boletín. Despois se pechou a escola e o boletín se foi transformando.

Compartir el artículo

stats