Edicións Fervenza, de Silleda, da a coñecer ás gañadoras do seu concurso de cartas Desexos de Nadal para o Apalpador, no que participaron máis de 20 nenos. A idea deste certame é difundir a figura deste ser mítico que vive nas montañas e que todos os invernos baixa comprobar se os pequenos están ben alimentados. As vencedoras do certame son Nerea Sueiro Cid, de 6 anos, e Nuria Rodríguez Soares, de 8. Ambas residen en Silleda e recibiron un diploma así como un lote de libros no que se incluiron títulos infantís en galego como Gombó e o medo á escuridade, Gombó e a viaxe á lagora, Non quero xogar ás agachadas coa lúa ou os oito títulos da colección Tilirín.